A Mariña, 3 de marzo, 2026. O Foro Social da Mariña organiza unha conferencia-coloquio titulada “Dependencia e Discapacidade: Problemas e Propostas”, que terá lugar o venres 6 de marzo ás 20:00 horas na sala de conferencias da antiga biblioteca de Burela.
O relatorio será impartido por Francisco L. Vázquez Vizoso, epidemiólogo e médico especialista en medicina preventiva, ex-xefe do Servizo de Medicina Preventiva do Complexo Hospitalario de Pontevedra e membro do grupo promotor da Asociación Galega en Defensa do Sistema Público de Dependencia e Discapacidade (ASGADeD).
Durante a conferencia analizaranse os datos do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia (SAAD) en Galicia, que —segundo o Foro Social da Mariña— amosan para o exercicio 2025 unha redución en prestacións esenciais como o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), os centros de día (SCD) ou os servizos de prevención e promoción da autonomía. Tamén se abordará o déficit de prazas residenciais, estimado en 11.509 prazas en 2024, segundo información publicada recentemente en medios de comunicación.
O Foro alerta de que estas políticas responden a unha estratexia de abaratamento de custos que afecta á calidade dos coidados e perpetúa a desigualdade de xénero, ao priorizar coidadores non formais fronte a profesionais formados. Segundo a entidade, isto deriva nun modelo de beneficencia “low cost” dirixido ás persoas con menos recursos, favorecendo a transferencia de rendas das familias cara ás empresas privadas do sector e desviando fondos do público ao privado.
O colectivo subliña que, para a maioría da poboación, acceder a unha praza pública de dependencia é difícil e moi custoso, especialmente no caso do SAF, dos centros de día e, sobre todo, das residencias.





















Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



