Ribadeo, 19 de marzo, 2026. O pasado mércores, 18 de marzo, tivo lugar no IES Lucus Augusti a fase 1 da I Liga Escolar de Debate para centros públicos, un foro de discusión e diálogo que permite ao alumnado mellorar a súa oratoria, a exposición de argumentos e a resolución de conflitos mediante o diálogo. A iniciativa promove tamén valores como a cooperación, o respecto e o traballo en equipo.
A Liga ten un carácter fundamentalmente formativo e non competitivo. A preparación dos debates require un exercicio activo da expresión e da comprensión, tanto oral como escrita, e favorece o desenvolvemento do pensamento crítico. Para o profesorado, constitúe unha ferramenta de grande utilidade na formación integral do alumnado e na abordaxe dos contidos das distintas materias.
Nesta terceira xornada participaron equipos do IES Río Cabe de Monforte, do CPI Plurilingüe Dr. López Suárez de Friol e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. A oratoria e o debate académico son ferramentas clave para o crecemento do alumnado en tres ámbitos:
• Académico: mellora da capacidade de investigación e estudo.
• Profesional: adquisición de habilidades brandas, pouco traballadas e moi demandadas.
• Persoal: reforzo da autoestima, da empatía, da tolerancia e do diálogo.
O IES de Ribadeo Dionisio Gamallo resultou seleccionado para avanzar á fase 2, na que se enfrontará a novos equipos e novos temas.
O grupo de debate do centro está formado polo alumnado de 4º ESO: Uxía Díaz Saavedra, Martín García Díaz, Nour Mihi Hijazi, Iván Rodríguez Fernández, Ainara Vega Monteserín e Samuel Yáñez Vence. O profesorado coordinador e colaborador é: Carmen Castelao Cora, Noa Insua Amigo e Manel Yáñez Dablanca.
Aínda queda camiño por percorrer nesta actividade, e desde o centro anímase a todo o alumnado a participar nun proxecto que fortalece competencias, mellora recursos de aprendizaxe, enriquece habilidades básicas e contribúe á maduración en valores de cidadanía responsable e intercambio de experiencias. Un labor que, sen dúbida, terá un impacto positivo no día a día do alumnado, tanto como estudantes como persoas.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



