A sesión plenaria está convocada para o xoves ás 20.00 horas
Burela, 25 de marzo de 2026. O Concello de Burela celebrará mañá, xoves 26 de marzo, ás 20:00 horas un pleno ordinario no Salón de Plenos, sen opción de participación a distancia.
Entre os principais asuntos da orde do día figuran dous expedientes relacionados coas ordenanzas fiscais da taxa pola prestación do servizo de sumidoiro e da taxa pola distribución de auga, incluíndo os dereitos de enganche, colocación e utilización de contadores. A actualización destas taxas responde ao cumprimento dunha obriga contractual establecida de antemán. O contrato vixente fixa que a revisión das tarifas se realizará tomando como referencia o IPC interanual de agosto a agosto, un mecanismo habitual nos servizos municipais que ten por obxecto garantir o equilibrio económico na prestación dos mesmos e evitar descuadres financeiros.
O pleno abordará tamén a formalización da cesión de uso dun local situado na Rúa do Río número 10 á Federación Galega de Fútbol, un paso que o Concello valora moi positivamente e considera unha oportunidade real para seguir consolidando a Burela como referente deportivo na Mariña Lucense. Non é casualidade que Burela sexa o concello con máis licencias federativas de toda a Mariña, un dato que fala por si só da fortaleza do tecido deportivo local e do compromiso da veciñanza co deporte organizado. Contar cun espazo estable para a Federación Galega de Fútbol no municipio non só reforza os vínculos institucionais entre ambas as partes, senón que supón un recoñecemento implícito ao papel que Burela xoga no panorama futbolístico e deportivo da comarca. O Concello confía en que esta cesión redunde en beneficio directo dos clubs, das persoas federadas e, en definitiva, de toda a comunidade deportiva burelesa.
A continuación da parte resolutiva da orde do día, terá lugar a actividade de control e a presentación de mocións por parte dos diferentes grupos municipais.





















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



