Os populares condenan, unha vez máis, “o desprezo de Sánchez á provincia” toda vez que a resposta se limita a “falar de mantemento no tramo da Coruña, pero non no de Lugo”
Vilalba, 18 de marzo de 2026. O Goberno de Sánchez recoñece, en resposta oficial ás preguntas dos senadores do PP lucense, que “non ten previsto arranxar a N-634 na provincia de Lugo nin tapar as fochancas do acceso ao polígono de Vilalba”.
José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano formularon ante o Executivo estatal preguntas sobre a situación desta vía e, máis concretamente, sobre o viario da variante da N-634 dende Baamonde de acceso ao polígono de Vilalba a petición do PP local.
“O seu pésimo estado, con socavóns e o danos no firme que supoñen un serio perigo para condutores e transportistas, é un claro exemplo das deficiencias e o constante deterioro da rede viaria de titularidade estatal na provincia”, manifestan.
Ante a resposta do Goberno de España que se limita a falar de accións de mantemento pero no tramo da Coruña e non no de Lugo; os populares condenan, unha vez máis, “o desprezo de Sánchez á provincia de Lugo en xeral e, máis concretamente, a falta de atención ás vías de comunicación da súa competencia no noso territorio”.
Os senadores populares tamén rexeitan “as escusas do Goberno de Sánchez” porque “o mal estado das estradas nacionais na provincia non se debe aos temporais dos últimos meses en Galicia, senón a anos de abandono”.





















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



