José Manuel Gómez Puente explica que a situación de abandono de ambos refuxios “está a xerar malestar entre os usuarios do Camiño, que botan en falta estes espazos que lles permitían descansar tras unha longa etapa procedente de Ribadeo”
Barreiros, 27 de marzo de 2026. Os concelleiros do PP de Barreiros defenderán no vindeiro pleno municipal un rogo relativo ao peche dos dous refuxios situados en Gondán e na antiga escola de San Xusto, unhas instalacións que foron moi utilizadas durante anos por veciños e, especialmente, por peregrinos.
O voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, recorda que ambos refuxios permanecen pechados desde o ano 2019, “unha situación que está a xerar malestar entre os usuarios do Camiño, que botan en falta estes espazos que lles permitían descansar tras unha longa etapa procedente de Ribadeo”.
O popular sinala que estes puntos de acollida cumprían unha función básica de apoio ao peregrino, contribuíndo tamén á boa imaxe do municipio como lugar de paso e acollida. “Vemos moi necesario que o goberno local adopte medidas para a súa recuperación e posta en valor”, afirmou.
José Manuel Gómez Puente amosou a súa preocupación ante a situación actual do refuxio de Gondán, que “presenta un estado de abandono, con sinais evidentes de suciedade e falta de mantemento, o que transmite unha imaxe negativa tanto para visitantes como para os propios veciños”.
Deste xeito, dende o PP de Barreiros solicitarán no pleno que se proceda á limpeza, acondicionamento e reapertura destes refuxios, devolvéndolles a utilidade que tiveron durante anos e mellorando así a atención aos peregrinos que atravesan o municipio.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



