O PP tamén alerta de que a liquidación recolle “87 reparos de intervención, loxicamente por mala praxe”, e subliña que o propio interventor municipal “está instando ao equipo de goberno a cumprir a lei de contratos, porque se incumpre reiteradamente”
Foz, 25 de marzo de 2026. O Partido Popular de Foz vén de analizar a liquidación do exercicio 2025 presentada polo goberno municipal, da que conclúe “a nula capacidade de xestión dos fondos públicos” por parte do executivo local.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, sinala que “queda demostrada a nula capacidade de Cajoto para xestionar fondos públicos, advertindo ademais de que as contas “están totalmente dopadas, desvirtuadas, gracias ao millón e medio de euros que o BNG aprobou ao final do orzamento como suplemento”.
Segundo explica Castiñeira, “aínda así, despois dese balón de oxíxeno, a señora Couto non foi capaz de cumprir nin coa regra de estabilidade orzamentaria, que está en negativo en máis de 811.000 euros, nin tampouco coa regra de gasto, que tamén está en negativo en máis de 613.000 euros”.
O PP tamén alerta de que a liquidación recolle “87 reparos de intervención, loxicamente por mala praxe”, e subliña que o propio interventor municipal “está instando ao equipo de goberno a cumprir a lei de contratos, porque se incumpre reiteradamente”.
Neste sentido, os populares lembran que “se incumpre tamén un mandato do pleno e un compromiso do propio equipo de goberno recollido no plan económico aprobado” ao tempo que critican que “o Concello segue sen orzamentos, xa pasado o primeiro trimestre de 2026”.
Castiñeira é especialmente crítico coa tenente de alcalde, á que lle reprocha a súa actitude tras sete anos de goberno. “Este é o labor da señora Couta, que tanto critica os anteriores goberno sen darse conta de que ela é a que está gobernando e a que ten as responsabilidades”.
Finalmente, o portavoz popular conclúe cunha mensaxe directa á concelleira: “Señora Couto, dedíquese máis ás contas e menos aos contos”.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.


