Javier Castiñeira: “Se o alcalde escoitou aos veciños de Porto Chico, tamén ten que escoitar aos de Uxío Novoneira que levan moito tempo pedindo ao alcalde que faga un cambio moi sinxelo: poñer en dobre sentido de circulación o tramo do campo de fútbol da avenida de Sarria”
Foz, 13 de marzo de 2026. A mobilidade segue a ser a gran tarefa pendente do goberno de Francisco Cajoto, tal e como se demostra cos “cambios no tráfico e a improvisación do alcalde”, evidenciado “o fracaso total do plan de mobilidade que vendeu a bombo e platillo”.
O voceiro popular en Foz, Javier Castiñeira, sinala que “proba disto é que o señor Cajoto está incumprindo reiteradamente as direccións que marca o plan de mobilidade”. Un claro exemplo son os cambios anunciados na rúa Manuel Murguía, que eran necesarios porque illaban a uns veciños que, pese a estar moi próximos ao porto, para chegar a el tiñan que dar a volta ao municipio.
Neste senso, Javier Castiñeira insiste en que “se Cajoto escoita a uns veciños para unhas cousas, ten que escoitalos a todos”, polo que dende o PP de Foz instan ao alcalde a atender tamén a reclamación que levan tempo facendo os veciños da zona de avenida de Sarria e da rúa Uxío Novoneira, ao igual que o Partido Popular, “veciños que tiveron que acudir incluso á Valedora do Pobo porque o alcalde desoíu as súas reclamacións”.
Para o voceiro popular a solución é sinxela, “sería suficiente con poñer a avenida de Sarria en dobre dirección na súa totalidade”. Na actualidade hai unha parte desta avenida en dobre sentido de circulación, mentres que a parte restante é de sentido único. “Esta situación está metendo moitísimo tráfico en Uxío Novoneira, o que está creando moitos problemas tamén aos veciños”.
Dende o PP de Foz esixen a Cajoto que “se escoitou aos veciños da zona de Porto Chico, tamén ten que escoitar aos veciños de Uxío Novoneira que, como diciamos, levan moito tempo pedindo ao alcalde que faga un cambio moi sinxelo: poñer en dobre sentido de circulación o tramo do campo de fútbol da avenida de Sarria”.





















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



