Os populares sinalan que as administracións públicas “temos a obriga” de fomentar e apostar por iniciativas empresariais que como Quescrem poden dar futuro aos nosos municipios, sendo un dos principais mecanismos para combater o despoboamento, permitindo que poida asentar o seu proxecto de vida
Lugo, 9 de marzo de 2026. Continuando coa planificación de coñecer empresas asentadas na provincia, o seu funcionamento e como fan medrar á economía provincial, os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular achegáronse ás instalacións de Quescrem, situada no concello de Castro de Rei, visita que aproveitaron para poñer en valor “o papel estratéxico” das empresas agroalimentarias que apostan pola provincia de Lugo.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou que proxectos como o de Quescrem son “o un gran exemplo e a mellor mostra de que o rural galego pode liderar mercados nacionais e internacionais dende a innovación e o respecto ao sector primario”.
Ameijide destacou a importancia para a provincia de poder contar con proxectos empresariais como o de Quescrem, valor que “non reside só na súa facturación, senón na súa capacidade para dar valor aos excedentes e á produción de leite local, así como a creación de emprego en municipios eminentemente rurais”.
“Iniciativas empresariais como Quescrem son fundamentais para fixar poboación. Non só crean emprego directo, senón que garanten unha saída competitiva e de calidade para o traballo dos nosos gandeiros, que son a base fundamental da economía lucense”, sinalou.
Quescrem consolidouse como un referente na fabricación de queixo crema e outros derivados lácteos, unha importancia empresarial que se ve reflectida en datos como contar cun cadro de persoal que supera os 90 profesionais, sendo unha das principais fontes de traballo cualificado na Terra Chá, unha facturación anual duns 20M€, e un traballo ben feito que leva o nome de Lugo a máis de 40 países.
Pola súa banda, o deputado provincial e alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, destacou a importancia desta iniciativa para o municipio, como tamén o de tantas outras empresas e proxectos agrogandeiros, pero quixo recordar “a aposta de Quescrem en I+D+i, o que lle permite adaptar os seus produtos ás esixencias da alta gastronomía e da industria alimentaria global”.
Francisco Balado recordou a importancia de que todas as administracións públicas sigan apoiando ao tecido industrial nos municipios rurais. “Se queremos unha provincia viva, forte e que siga a medrar, necesitamos facilitar o crecemento de empresas que transforman a nosa materia prima en produtos de alto valor engadido sen abandonar as súas raíces”.















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



