Viveiro, 26 de marzo, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro presentou unha moción co obxectivo de asegurar que todos os grupos e asociacións locais que formen parte da programación das festas patronais organizada directamente polo Concello reciban unha compensación económica pola súa actuación.
Desde o PSOE explican que nas festas conviven dous modelos de organización: por unha banda, a comisión de festas e, por outra, a programación cultural impulsada polo propio Concello. É neste segundo ámbito onde consideran imprescindible establecer criterios claros, transparentes e iguais para todos os colectivos.
Situacións inxustas na última edición
Os socialistas denuncian que na última edición das festas se produciron situacións desiguais: algúns colectivos locais participaron na programación municipal sen recibir ningún tipo de retribución, mentres outros si foron remunerados, sen que existise un criterio común.
“Non se pode pedir profesionalidade, compromiso e dispoñibilidade aos grupos locais e, ao mesmo tempo, pretender que traballen gratis dentro da programación municipal”, sinalan.
O PSOE lembra que moitos destes grupos colaboran durante todo o ano en actividades benéficas e sociais de maneira totalmente altruísta. Porén, consideran que esta disposición non pode trasladarse á programación ordinaria das festas.
“Para os actos benéficos, sempre están; pero para a programación do Concello, o mínimo é o respecto e unha retribución”, subliñan.
Unha cuestión de criterio, non de recursos
Os socialistas destacan que non se trata dun problema económico: as cantidades que se manexan son modestas —moitas veces inferiores aos 1.000 euros— dentro dun orzamento global das festas que ronda os 200.000 euros e que ademais conta con achegas doutras administracións.
Por iso, consideran que o verdadeiro problema é a falta de criterios e prioridades claras.
Proposta para garantir igualdade de trato
A través desta moción, o PSOE de Viveiro propón establecer un sistema que asegure que todos os colectivos locais sexan tratados en igualdade de condicións dentro da programación municipal das festas, evitando que se repitan situacións nas que uns grupos cobren e outros non.
“Os grupos locais son parte fundamental da vida cultural de Viveiro e merecen un trato digno e xusto”, conclúen.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



