Os senadores do PP de Lugo solicitaron ao Goberno que aclare en que estado se atopa o compromiso para a construción do novo cuartel da Garda Civil, se se mantén a inversión prevista de 2,8M€ e se existe un calendario concreto para a redacción do proxecto, licitación e execución das obras, ademais dos motivos de que esta actuación non se materializase
Vilalba, 6 de marzo de 2026. Os tres senadores do PP lucense pola provincia – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano – anunciaron que preguntarán no Senado sobre en que situación se atopa o compromiso anunciado polo Goberno de España para a construción dun novo cuartel da Garda Civil en Vilalba, así como os motivos polos que, cinco anos despois do anuncio, esta actuación aínda non se materializou.
Así o anunciaron os senadores do PP de Lugo esta mañá xunto a representantes do PP de Vilalba.
No ano 2020, o Goberno anunciou publicamente a intención de destinar unha inversión de 2,8M€ para a construción dun novo cuartel da Garda Civil na capital chairega, unha actuación amplamente demandada tanto pola cidadanía como polos propios profesionais que prestan servizo na comarca.
Os senadores populares lembran que a Garda Civil desempeña un papel esencial na garantía da seguridade cidadá, especialmente no medio rural, onde a dispersión xeográfica e as características do territorio esixen unha resposta áxil e eficaz.
Neste contexto, dispoñer dunhas instalacións modernas, adecuadas e funcionais non só melloraría as condicións laborais e de benestar do persoal destinado no cuartel, senón que tamén permitiría optimizar os tempos de intervención, reforzar a capacidade operativa e mellorar a atención á poboación.
Do mesmo xeito, sinalan que a existencia dun cuartel adaptado ás necesidades actuais contribuiría de maneira decisiva a reforzar a sensación de seguridade entre os veciños e veciñas de Vilalba e dos municipios da contorna, consolidando a presenza do Estado e dos servizos públicos nunha zona estratéxica da provincia de Lugo.
Transcorridos cinco anos desde o anuncio desta inversión, non consta información pública actualizada sobre o estado do proxecto nin sobre o seu calendario de execución.
Ante esta situación, os senadores do PP de Lugo solicitaron ao Goberno que aclare en que estado se atopa o compromiso para a construción do novo cuartel da Garda Civil en Vilalba, se se mantén a inversión prevista de 2,8M€ e se existe un calendario concreto para a redacción do proxecto, licitación e execución das obras, así como cales foron os motivos polos que esta actuación non se levou a cabo ata o momento.
Os populares subliñan a importancia de avanzar nesta infraestrutura “necesaria para mellorar as condicións de traballo da Garda Civil e reforzar a seguridade na Terra Chá”, polo que reclaman ao Goberno información clara sobre o futuro deste proxecto.




















Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.



