Segundo os datos facilitados polo propio Executivo, a plantilla media de Correos na provincia de Lugo pasou de 499 traballadores no ano 2019 a 463 en 2025. “É dicir, hai menos persoal para atender un territorio amplo, envellecido e cunha gran dispersión poboacional que necesita precisamente máis presenza e non menos”, advirten os populares
Lugo, 8 de marzo de 2026. Os senadores do Partido Popular pola provincia de Lugo – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano – rexistraron unha moción na Cámara Alta na que instan ao Goberno de España a adoptar medidas urxentes para reforzar o servizo público de Correos na provincia ante o deterioro que, segundo denuncia, está a sufrir nos últimos anos.
A iniciativa, que será debatida na Comisión de Facenda, alerta dos continuos retrasos no reparto, da acumulación de correspondencia e da sobrecarga de traballo que están a sufrir os carteiros, unha situación que afecta especialmente aos concellos do medio rural.
Os senadores populares sinalan que esta situación é consecuencia “dunha política de recortes encubertos, da falta de planificación e da ausencia de reforzos suficientes por parte do Goberno”, do que depende a empresa pública Correos.
Segundo os datos facilitados polo propio Executiva en resposta a preguntas parlamentarias do PP, a plantilla media de Correos na provincia de Lugo pasou de 499 traballadores no ano 2019 a 463 en 2025. “É dicir, hai menos persoal para atender un territorio amplo, envellecido e cunha gran dispersión poboacional que necesita precisamente máis presenza e non menos”, advirten.
Ademais, as respostas do Goberno recoñecen que máis do 13% da plantilla se atopa en situación de incapacidade temporal, unha circunstancia que, segundo denuncian os populares, “non se está a cubrir coa rapidez necesaria”, o que provoca atrasos no reparto e unha maior carga de traballo para o resto do persoal.
Os senadores lembran tamén que en distintos municipios lucenses -como Ribas de Sil, O Valadouro, Alfoz, Foz ou Trabada, entre outros- se están rexistrando problemas no funcionamento do servizo debido á falta de efectivos e á acumulación de baixas sen substituír.
Para o PP, esta situación afecta con especial intensidade ao rural lucense. “En moitos concellos o carteiro converteuse nun servizo esencial que compensa o peche de oficinas bancarias ou a desaparición doutros servizos administrativos”, sinalan.
Por este motivo, a moción presentada polos senadores populares reclama ao Goberno que adopte medidas inmediatas para reforzar a plantilla de Correos na provincia, cubrir todas as vacantes estruturais e garantir a substitución automática das baixas, así como dotar ás oficinas e unidades de reparto dos medios necesarios para asegurar a calidade e puntualidade do servizo.
Ademais, propoñen a posta en marcha dun plan específico de reforzo para o medio rural lucense que garanta que ningún municipio vexa reducido o seu servizo postal por falta de persoal.
“Non se pode falar de reto demográfico e cohesión territorial mentres se debilita un servizo público básico no rural”, conclúen os senadores do PP.



















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



