Ribadeo, 32 de marzo, 2026. O vindeiro 19 de abril de 2026 celebrarase en Ribadeo o IV Concurso Solidario de Puzzles Puzzleo Ribadeo, que terá lugar no Pavillón Municipal Multiusos da rúa Alfredo Deaño, 7.
A xornada comezará ás 10:00 horas coas tres categorías infantís, cada unha cun tempo máximo dunha hora e media para completar o puzzle:
• Infantil A (4–6 anos): montaxe individual · 100 pezas · 20 prazas
• Infantil B (7–9 anos): montaxe individual · 200 pezas · 20 prazas
• Infantil C (10–12 anos): montaxe individual · 300 pezas · 20 prazas
Ás 12:00 horas dará comezo a categoría de Parellas, cun tempo máximo de dúas horas para completar un puzzle de 500 pezas. O aforo é de 60 parellas.
As inscricións están abertas desde o 19 de marzo de 2026 a través da web da Asociación Española de Puzzles (AEPUZZ): https://aepuzz.es/iv-concurso-solidario-puzzleo-ribadeo
O prezo é de 22 € por parella e 10 € para as categorías infantís, con 3 € de desconto por persoa para socios e socias de AEPUZZ.
A categoría de Parellas esgotou as súas prazas en menos de tres días, aínda que continúan dispoñibles prazas nas categorías infantís.
Recibirán premios e trofeos os tres mellores tempos de cada categoría, ademais dun premio especial para a primeira parella local. Todas as persoas participantes recibirán como agasallo o puzzle oficial do concurso.
Esta edición mantén o seu carácter solidario: os fondos recadados destinaranse á Fundación Sergio Villar, entidade sen ánimo de lucro creada en 2025 para mellorar as condicións de vida de persoas e colectivos en situación ou risco de vulnerabilidade, con especial atención á infancia e á adolescencia. A fundación promove proxectos de asistencia, intervención e protección social orientados á autonomía persoal e ao desenvolvemento comunitario. Máis información: https://fundacionsergiovillar.org
O evento está organizado por un grupo de socias da Asociación Española de Puzzles (AEPUZZ), co apoio da Asociación Cultural A Ronqueta, o Concello de Ribadeo e a Fundación Sergio Villar.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


