A Mariña, 11 de marzo, 2026. Queremos Galego – A Mariña lembra que, ao longo do proceso Lingua Vital, vén advertindo da situación de emerxencia lingüística que vive o galego. Esta situación, segundo a plataforma, é consecuencia directa da inacción —ou mesmo da acción contraria ao idioma— por parte da Xunta de Galicia. O goberno autonómico, afirman, incumpriu de maneira sistemática os acordos unánimes destinados a frear a minorización da lingua.
A enquisa publicada polo IGE en outubro pasado confirmou o que tanto as entidades sociais como a propia plataforma levaban anos denunciando: sen galego no ensino, nos medios de comunicación, na programación infantil e xuvenil, nos xoguetes, na administración, na xustiza ou no ámbito socioeconómico, o retroceso era inevitable.
Falta de medidas e recortes continuados
A resposta da Xunta ante esta situación, segundo Queremos Galego – A Mariña, foi insuficiente ou mesmo lesiva para o idioma. Nos orzamentos deste ano, os investimentos destinados á promoción e difusión do galego volveron reducirse. De feito, tanto en 2025 como en 2026, a Xunta destina menos da metade do que dedicaban os gobernos de Fraga hai 25 anos.
No relativo á Lei de Intelixencia Artificial, a plataforma denuncia que non se garante a presenza do galego nin na tecnoloxía producida pola Xunta nin na que esta poida adquirir. Tamén lembran que o PP votou reiteradamente en contra da aplicación da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minorizadas e do PXNLG en sectores como a xustiza, as notarías, as xestorías ou a sanidade.
No ámbito dos medios públicos, a Lei que regula a CRTVG abriu a porta a que a TVG deixe de empregar o galego en parte da súa programación. Para a plataforma, isto é un síntoma máis dun desleixo continuado.
Oficialidade na UE e presenza internacional
Queremos Galego – A Mariña critica tamén que a Xunta rexeitase apoiar a oficialidade do galego na Unión Europea, e que o PP galego participase activamente na campaña de boicot a esta posibilidade. A plataforma lembra que a oficialidade non é só unha cuestión simbólica: permitiría garantir dereitos lingüísticos, reforzar o uso do galego no ámbito socioeconómico e poñer en valor os produtos galegos no mercado europeo.
Ademais, sinalan que, malia que a UNESCO abriu a porta a que Galiza, Euskadi e Cataluña poidan adherirse como membros, a Xunta renunciou a facelo e delegou a representación no Estado español.
Acto en Compostela: 14 de marzo
Fronte a esta situación, Queremos Galego —que leva meses desenvolvendo o proceso Lingua Vital Xa— celebrará un acto o sábado 14 de marzo, ás 12:00 h, na Praza da Quintana (Compostela). Neste evento presentaranse as conclusións do proceso de debate e recollida de achegas realizado por entidades sociais, persoas expertas e cidadanía.
A plataforma destaca que este acto será un punto de partida para que concellos, deputacións e a propia Xunta coñezan con claridade as medidas necesarias para reverter a emerxencia lingüística. O proceso, explican, foi amplo, plural e participativo, e parte da convicción de que a situación é reversíbel e de que o galego ten futuro.
Queremos Galego – A Mariña anima a toda a cidadanía da comarca a participar no acto en Compostela ou, no seu caso, a seguilo a través dos medios e das redes sociais.




















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



