O conselleiro delegado de Recursos de Galicia visita acompañado dos alcaldes fogares beneficiados polas bonificacións enerxéticas do parque eólico de Ribadeo, Trabada e Barreiros
Ribadeo, 25 de marzo de 2026. Emilio Bruquetas, conselleiro delegado de Recursos de Galicia, visitou esta mañá varios núcleos dos concellos de Barreiros, Trabada e Ribadeo, dentro da zona de influencia de Mondigo Beneficia. Logo da compra do parque eólico de Mondigo por parte de Recursos de Galicia e do lanzamento do programa de bonificacións da factura eléctrica á veciñanza na contorna da instalación, este encontro enmárcase na política da compañía de transparencia e proximidade.
“Estamos poñendo en marcha os beneficios da nova política eólica de Galicia, Mondigo debe ser o paradigma desta nova maneira de facer as cousas e hoxe quixemos estar sobre o terreo, da man dos alcaldes para dar información sobre a tramitación das bonificacións e do servizo de atención que poñeremos en marcha dende a vindeira semana”.
Bruquetas estivo acompañado de Ana Belén Ermida, alcaldesa de Barreiros; Rubén García, alcalde de Trabada; e Daniel Vega, alcalde de Ribadeo, visitando algúns núcleos dentro do perímetro de bonificación, falando coa xente, informando e vendo cales son as necesidades para acompañalos neste proceso. “Somos conscientes de que as administracións locais son as que están máis pegadas á cidadanía e a primeira porta á que se peta case sempre e queremos agradecer a súa colaboración e seguir percorrendo este camiño xuntos” indicou o conselleiro delegado de Recursos de Galicia.
Nos últimos días os rexedores da área de Mondigo Beneficia tiveron trasladado propostas
adicionais defendendo que as vantaxas chegaran a un perímetro maior que o acordado inicialmente. Varias delas foron aceptadas tratando de conciliar a imprescindible viabilidade económica da instalación coa vontade de que non quedasen núcleos de poboación con algúns fogares beneficiados e outros non.
Dende este luns 23 xa está habilitada a web rdgmondigo.gal na que se pode solicitar o desconto na factura a través dun formulario moi sinxelo e comprobar o plano de influencia de Mondigo Beneficia.
Nesta xornada coordinouse cos alcaldes un calendario de atención á cidadanía en dependencias municipais.
Dende o luns 30 de marzo persoal de RDG atenderá ás persoas que precisen asesoramente,
unha mañá en cada un dos concellos. Nas vindeiras semanas esta atención irase axustando
en función do fluxo da demanda e as necesidades que se detecten.
Emilio Bruquetas explica que “a nova política eólica que estamos desenvolvendo con
Mondigo tradúcese en beneficios concretos: descontos directos na factura eléctrica para
a veciñanza dos parques; a apertura da propiedade dos parques á súa participación directa
e o noso compromiso de que o 100 % da enerxía producida en Galicia repercute en
Galicia”.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



