Este goberno segue xestionando e traballando, impulsando novos proxectos pero coa sensatez suficiente tendo presente en todo momento a necesidade que había de conservación e rehabilitación en moitas cousas feitas en tempos pasados e para as que o goberno do bng non mirou.
Unha delas é a Rúa Reinante. Os veciños e o comercio en numerosas ocasións reivindicaban o arranxo desa rúa, e con razón!! Unha obra que non foi ben executada e pola que ademáis se permitiu a circulación de todo tipo de tráfico rodado sen que ninguén dixese nada. Cando chegamos, dende a responsabilidade, actuamos á altura da Orden Tercera, sendo conscientes, que dende logo, non sería definitivo, pero tamén dende a prudencia, porque éramos sabedores que había que analizar antes de dar pasos definitivos.
Decimos que non foi ben executada porque é unha obra relativamente nova, e non debería estar no estado no que se atopaba en tan pouco tempo. E decir, unha mala execución acompañada da nula regulación do tráfico, tan importante para este tipo de rúas, levounos a unha nova reforma que se traduce en tempo e unha nova inversión en algo que aínda non lle debería tocar.
Ante a necesidade dunha solución, puxémonos a traballar. 90,000€ de inversión con fondos do Ministerio, da Xunta de Galicia e do Concello. Non foi tan rápido como quixéramos porque houbo que licitala dúas veces. A primeira vez tocoulle a unha empresa que non presentou a documentación e houbo que rexeitala, porque nós sí revisamos e vixiamos as licitacións. E agora tocoulle a unha empresa local que, calquera o pode ver, está facendo un bo traballo.
O resultado está sendo unha obra moi ben executada e supervisada polo técnico da Área Rexurbe que, coas medidas correspondentes, relativas ó tráfico, convertirase nunha rúa ben feita e para moito tempo.
Seguimos traballando e Ribadeo segue avanzando en infraestructuras e en obras, tendo claro que hai que construír pero tamén conservar o que temos e que o bng deixou abandoadas.


















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



