Ribadeo, 4 de marzo de 2026. As obras da rúa Reinante marchan a bo ritmo. O alcalde, Dani Vega, subliñou que estes traballos conviven perfectamente coa actividade comercial. O investimento ascende a 90.000 euros.
O rexedor dixo que “avanzan a moi bo ritmo as obras na rúa Reinante. Estamos moi satisfeitos dos traballos que se están a realizar. Conviven perfectamente coa actividade comercial, co dinamismo que ten Ribadeo. Evidentemente, tiñamos que poñerlle fin a ese traballo que se estaba a facer de parcheos e arranxos puntuais. Había que renovar a rúa Reinante”.
Vega explicou que “se trata dunha obra que ten un orzamento de máis de 90.000 euros e evidentemente fíxose o traballo de demolición, o movemento de terras, saneamento, abastecemento de auga, os solados, que aí eliminouse todo o adoquín que estaba roto e destrozado, substituíuse por pavimento de formigón e malla, e agora queda perfectamente soldado, ben colocado”.
O alcalde ribadense seguiu a relatar: “tamén fixemos unha canaleta para recoller perfectamente as augas. Iso está na parte da rúa que está máis preto da capela da Orde Terceira. Tamén vai haber certos arranxos no alumeado e na xestión de todos os residuos. Trátase dun traballo que está perfectamente coordinado, un traballo polo que tamén hai que felicitar aos técnicos municipais, tanto a Carlos como tamén a empresa que está facendo a obra, xa que non está dando ningún tipo de problema”.
Dani Vega comentou que “cando hai unha obra, evidentemente non poden saír os vehículos, está o tráfico cerrado, iso é algo normal. Pedimos disculpas, pero tamén pedimos que se nos entenda, é dicir para que queden ben as cousas ten que haber ese espazo no tempo para que agarre ben o adoquín, é dicir que non conviva o tráfico rodado coa obra, porque senón sería completamente un desastre. Sendo conscientes de que se causan molestias, tamén pedimos comprensión”.
E subliñou: “é unha obra fundamental, unha obra que tiñamos moitas ganas de comezar, avanza a moi bo ritmo e vamos seguir nesa liña de inversión, de xestión para que Ribadeo siga avanzando”.




















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



