Ribadeo, 26 de marzo de 2026. Ata o 15 de abril está aberto o prazo de inscrición no Ribadeo Sabe, o renovado concurso gastronómico que organizan o Concello e Acisa.
A cita terá lugar do 14 ao 17 de maio. O Ribadeo Sabe chega con importantes novidades. O premio para o local gañador do xurado profesional será un curso no Basque Culinary Center e estancia en San Sebastián e diploma acreditativo. E o premio para o local gañador do xurado popular será unha visita máis cata en Bodega Regina Viarum, comida para dúas persoas no restaurante Vértigo (1 estrela Michelin) e diploma acreditativo.
O xurado profesional de renome do Ribadeo Sabe estará composto por Rafa Centeno, chef de Vértigo, de Sober (única estrela Michelin da provincia de Lugo); Juan Rubiños, presidente da Asociación de Cociñeiros Lugo e chef executivo de Il Farabutto, de Lugo; Alberto Veiga, sumiller de restaurante Nito, de Viveiro, e barista en Coffee Urban Roasters, tamén en Viveiro; e Daniel Gutiérrez, influencer gastronómico lucense @oidocomida.
Este xurado, na fase previa, será o encargado de outorgar o premio á mellor tapa, que se anunciará antes do inicio dos degustación, para así aportar unha maior visibilidade ao negocio gañador.
Haberá premios para o público que participe nas votacións do Ribadeo Sabe. Serán tres categorías dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo e visita guiada cada unha a Bodegas Docampo, en Ribadavia, con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, agradeceu “o traballo realizado pola nosa ADL e pola Asociación de Cociñeiros Lugo” e animou “a ribadenses e visitantes a gozar do Ribadeo Sabe do 14 ao 17 de maio”. O xerente de Acisa, Jesús Pérez, subliñou que “a inscrición está aberta desde hoxe ata o vindeiro 15 de abril. Animamos a toda a hostalería de Ribadeo a participar neste renovado tapeo”.
Na presentación de Ribadeo Sabe, que tivo lugar na Praza de Pancho Maseda, participaron o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo e Comercio, Marta Saiz, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, e o xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez.
As bases do Ribadeo Sabe poden consultarse nas webs do Concello e de Acisa.





















O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A sesión, ás 18:00 horas no auditorio As Quintas, pechará os actos do 8M en El Franco tras o exitoso XI Encontro de Mulleres. Será a única proxección no Noroccidente asturiano e forma parte do programa autonómico “Igualdade, motor da democracia”, que busca visibilizar a historia e a traxectoria do feminismo no Principado.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.



