Alfoz, 4 de marzo de 2026. A Dirección Executiva de VIA Alfoz quere trasladar á opinión pública a súa preocupación pola situación do servizo postal que presta a oficina de Correos de Ferreira do Valadouro, da que depende o reparto postal no Concello de Alfoz, ante a continuidade dunha problemática que, lonxe de solucionarse, se está prolongando no tempo.
Xa no Pleno municipal de xaneiro, o Grupo Municipal de VIA Alfoz presentou unha moción en defensa do Servizo Postal Universal, aprobada por unanimidade, na que se advertía do risco de perda de efectivos e da afectación directa dun servizo público esencial nun municipio rural, con elevada dispersión xeográfica e importante porcentaxe de poboación maior.
Posteriormente, fíxose pública unha información sobre a suposta supresión dunha praza na quenda de mañá. Tras as informacións recabadas, desde VIA Alfoz podemos indicar que a praza coñecida internamente como “circular catro” continúa figurando formalmente no sistema organizativo, é dicir, non consta administrativamente como amortizada. Con todo, non está cuberta, non se ten procedido á súa provisión efectiva e todo indica que non se vai cubrir no futuro.
A esta circunstancia súmase que unha das carteiras leva arredor de catro meses de baixa sen substitución. Na práctica, o servizo está a ser asumido por dous efectivos cando está dimensionado para catro, o que implica unha sobrecarga de traballo e dificultades para garantir o reparto en condicións de normalidade en todas as parroquias de Alfoz e O Valadouro.
“Non estamos ante unha cuestión partidista nin ante unha oportunidade para facer propaganda política. Xa vivimos no pasado anuncios e promesas que non se materializaron, e agora tampouco é momento de utilizar este problema como ferramenta de confrontación”, indican desde a Dirección Executiva de VIA Alfoz.
“O que está en xogo é a garantía dun servizo público universal no medio rural. Falamos de cohesión territorial, de igualdade de dereitos e de acceso a prestacións básicas que, no caso de moitas persoas maiores, dependen directamente do funcionamento ordinario de Correos”, engaden.
VIA Alfoz reitera o acordado no Pleno e insta aos organismos competentes a garantir a cobertura efectiva das prazas estruturais e a substitución inmediata das baixas, co fin de asegurar a prestación do Servizo Postal Universal en condicións de calidade e continuidade.
Desde a Dirección Executiva de VIA ALFOZ queremos tamén expresar a nosa solidariedade co persoal afectado, que está a realizar un gran esforzo para manter o servizo en condicións moi complexas.




















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



