Viveiro, 16 de marzo, 2026. Viveiro celebra o Día das Tortillas o 22 de marzo no Parque Pernas Peón
A asociación Viveiro en Festas organiza unha nova edición do tradicional Día das Tortillas, unha cita xa consolidada no calendario festivo local. A celebración terá lugar o domingo 22 de marzo, a partir das 12:00 horas, no Parque Pernas Peón.
Gastronomía para compartir
A xornada invita á veciñanza e visitantes a desfrutar dun día de convivencia arredor dun dos pratos máis emblemáticos da gastronomía galega. As tortillas serán elaboradas por Aquitania Vinoteca e poderán adquirirse de dúas maneiras:
Tortillas enteiras por encarga
• Tortilla clásica: 14 €
• Tortilla con cebola: 15 €
• Tortilla con chourizo: 17 €
As reservas poden realizarse ata o 19 de marzo por:
• WhatsApp ou chamada ao 614 19 19 62
• Formulario en liña: https://forms.gle/Xpdfq7VNFvfuVZot6
Racións no recinto
Para quen prefira achegarse directamente ao evento, haberá racións de tortilla a 5 €, dispoñibles ata fin de existencias.
Música en directo
A celebración contará cunha sesión vermú amenizada pola artista Verónica Cambón, que porá banda sonora a unha xornada pensada para todos os públicos.
Un encontro para dar a benvida á primavera
Desde a organización animan a toda a veciñanza de Viveiro e arredores a participar nesta festa que combina gastronomía, música e convivencia, consolidándose como un dos eventos máis especiais do inicio da primavera na cidade.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



