Ribadeo, 6 de abril de 2026. Ribadeo viviu unha Semana Santa de cifras excepcionais tanto no ámbito turístico como no comercial e hostaleiro. Máis de 3.300 persoas pasaron polas oficinas de turismo do municipio, segundo informou a concelleira Marta Saiz, quen fixo un balance “moi positivo” e destacou que Ribadeo “confirmou unha vez máis o seu atractivo e o seu tirón como destino clave do norte de Galicia”.
A Oficina de Turismo do centro da vila atendeu 773 visitantes, mentres que a da praia das Catedrais rexistrou 2.611 persoas, consolidando este enclave como un dos máis visitados do litoral galego. A edil subliñou que o turismo nacional continúa sendo maioritario, aínda que o internacional mantén unha presenza constante, especialmente de países europeos. Predominaron parellas, familias e pequenos grupos, así como un número crecente de peregrinos que xa anuncian o inicio da tempada alta no Camiño Norte.
Saiz destacou tamén o impacto da programación especial de Semana Santa, que incluíu visitas guiadas, música, gastronomía, deporte e actos relixiosos, e que contribuíu a ofrecer “unha experiencia turística completa”. A concelleira agradeceu o traballo do persoal das oficinas de turismo “nunhas datas nas que os visitantes se duplican ou triplican”.
Pola súa banda, a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) fixo tamén un balance “moi positivo”. A presidenta, Carmen Cruzado, salientou que as rúas, bares, terrazas e espazos turísticos estiveron “ateigados de xente”, e que a praia das Catedrais esgotou os pases varios días. O xerente, Jesús Pérez, explicou que a ocupación hoteleira superou o 80% de media entre xoves e domingo, con movemento xa desde o sábado anterior, e que a hostalaría incrementou a facturación arredor dun 10% respecto ao ano pasado.
O comercio local tamén rexistrou boas cifras, favorecido polo bo tempo e polas compras de primavera e verán. A zona vella presentou o sábado á noite “unha estampa máis propia de agosto que de abril”, segundo Pérez. Tanto Cruzado como Pérez coincidiron en que Ribadeo se consolida como “referente turístico e comercial” da comarca e da provincia.
Desde Acisa sinalan que xa traballan coa vista posta no verán e nas próximas citas gastronómicas, deportivas e culturais, entre elas a ponte do 1 de maio e o Ribadeo Indiano, nun calendario que prevén “de moitísima actividade”.























Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



