A iniciativa, promovida dende a área de Servizos Sociais que dirixe Carmen Veiga, desenvólvese en colaboración coa Fundación ONCE
Barreiros, 22 de abril, 2026. A área de Servizos Sociais do Concello de Barreiros, dirixida pola tenente de alcaldesa Carmen Veiga, puxo en marcha unha acción formativa destinada a favorecer a inserción laboral de persoas con discapacidade. O curso de vendedor ou vendedora de estacións de servizo, iniciado o martes 14 de abril, desenvólvese en colaboración coa Fundación ONCE a través de Inserta Emprego.
Segundo explican desde o goberno municipal, esta iniciativa reforza o compromiso do Concello coas políticas sociais inclusivas e contribúe a posicionar Barreiros como un referente de colaboración institucional na Mariña Lucense. O curso conta con alumnado procedente de varios municipios da comarca —entre eles Foz, Ribadeo, Lourenzá e Barreiros—, o que evidencia a utilidade e alcance desta proposta máis aló do ámbito local.
Unha ponte cara ao emprego real
O obxectivo principal é dotar ás persoas participantes das competencias necesarias para traballar en estacións de servizo, un sector con demanda activa na comarca. Trátase de ofrecer formación útil e orientada á creación de oportunidades reais de acceso ao emprego para colectivos que atopan maiores dificultades de inserción.
Desde o Concello subliñan que a relevancia deste curso transcende as fronteiras municipais e exemplifica unha forma de gobernar centrada nas necesidades da veciñanza, cunha visión comarcal que facilita recursos e oportunidades para o conxunto da Mariña.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



