López relatou a súa experiencia como mandataria provincial, e como como desde que asumiu o cargo tivo que afrontar que cuestionaran a súa profesionalidade, descualificacións e comentarios que a reducían a ideas preconcebida
Lugo, 17 de abril de 2026. A Presidenta da Deputación, Carmela López, reivindicou o liderado das mulleres na inauguración das III Xornadas Feministas=Igualdade, organizadas pola institución provincial. Ante o numeroso público que encheu este venres o Salón de Actos do Pazo de San Marcos, a mandataria provincial puxo como exemplo a súa propia experiencia, relatando como desde que asumiu o cargo tivo que afrontar que cuestionaran a súa profesionalidade, descualificacións e comentarios que a reducían a ideas preconcibidas.
“Non son cuestións menores, son sinais de que aínda quedan moitos estereotipos por romper e moitas inercias por cambiar”, sinalou a Presidenta, que puxo de relevancia a importancia destas iniciativas para “construír” a igualdade no día a día. Engadiu que nese sentido a institución provincial propón estes espazos, dirixidos á comunidade educativa, para “debater, aprender e cuestionar ideas que durante moito tempo se deron por válidas” con mulleres referentes na ciencia, na psicoloxía ou na comunicación.
Carmela López rematou cunha mensaxe dirixida á mocidade e cun compromiso institucional. “O futuro é voso, pero non pode ser un futuro con menos igualdade que no presente. Non podemos permitirnos dar pasos atrás”, dixo apelando ao alumnado máis novo. E concluíu sinalando que “imos seguir comprometidas con ese avance, impulsando iniciativas como esta, que buscan non só informar, senón tamén transformar”.
Tras a inauguración da Presidenta, deu comezo a xornada conducida pola actriz e presentadora lucense Beatriz Serén, que guiou ao alumnado do Galén, Ánxel Fole e o Politécnico a través das diferentes experiencias das relatoras.
Comezou unha referente internacional no ámbito da filosofía da ciencia e os estudos de xénero, Eulalia Pérez Sedeño, que compartiu coa rapazada a súa experiencia como investigadora do CSIC, poñendo sobre a mesa as desigualdades que afectan ás mulleres no sistema científico e situando estes desafíos na axenda política. Tamén aproveitou este espazo para desmontar, ante un público entregado, prexuízos e as falsas crenzas científicas sobre as mulleres.
Laura Redondo subiu ao escenario a continuación para, baixo o título Mitos e lendas da igualdade: unha análise desde a psicoloxía, para falar á mocidade sobre a repercusión das desigualdades no benestar emocional. Fíxoo desde a súa perspectiva como doutora en Psicoloxía, que combina na súa traxectoria a práctica clínica coa divulgación e a formación.
Deulle relevo Almudena Cueto, cunha ampla experiencia profesional vencellada ao dereito, a política e a consultaría; fixo reflexionar ao público sobre a Intelixencia Artificial. Partindo da idea de que a tecnoloxía non é neutral, abordou como o deseño dos algoritmos poden reproducir clichés de xénero, invisibilizar ás mulleres ou xerar resultados discriminatorios.
O último relatorio foi o de Cristina Pérez e Seila Couso-Pérez, con experiencias diferentes en torno a educación e as ciencias biolóxicas, explicaron como o Efecto Matilda ten borrado ou reducido o recoñecemento das mulleres na produción do coñecemento científico.
Antes de pechar a cita, a monologista e humorista Esther Gimeno, que cunha mirada crítica e contemporánea fixo rir aos asistentes abordando cuestións como as relacións, os roles de xénero ou cuestións cotiás desde unha perspectiva irónica e reflexiva.
E finalmente, a Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, despediu o acto sinalando que “a igualdade non é algo acabado, senón un camiño no que temos que seguir avanzando con compromiso e responsabilidade”. E sumouse á Presidenta no compromiso da institución para desenvolver este tipo de accións “que contribúan a construír unha sociedade máis xusta, máis igualitaria e máis consciente”.






















As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



