Foz, 11 de abril de 2026. Catorce locais hostaleiros participan mañá e o sábado na Finde de Chícaros e Mexillóns, que organiza Acia Foz-CCA.
O presidente de Acia Foz-CCA, José Carlos Paleo, indicou que “un ano máis queremos sumarnos á Festa do Berberecho de Foz rendéndolle homenaxe cunha fin de semana de Chícaros e Mexillóns en 14 locais hostaleiros, que ofrecerán diferentes preparacións de ambos bivalvos”.
Paleo dixo: “animamos a veciñanza e visitantes a saborear as preparacións que atoparán na hostalería local e tamén na carpa instalada no peirao. Agardamos que esta cita gastronómica repita o éxito das pasadas edicións”.
Na Finde de Chícaros e Mexillóns participan A Funcional, A Rambla-Pachán, Anduriña, Augas Santas, Cafetería Leytón, Casa Damián, Dandy, Happys Days, Mexideli, O Muelle Bar, Pizzería Xoíña, Portochico, Restaurante Xoíña e Tangarte.
Para esta campaña de homenaxe á XXIV Festa do Berberecho Acia Foz-CCA conta coa colaboración da Xunta de Galicia, Comercio Galego e Concello de Foz.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



