Viveiro, 6 de abril, 2026. O BNG de Viveiro insta ao Partido Popular a retomar de inmediato a tramitación da ordenanza de protección e tenza de animais, un texto que quedou practicamente rematado e consensuado durante a súa etapa no goberno local á fronte da Concellería de Medio Ambiente.
A formación nacionalista lembra que o borrador da ordenanza foi finalizado a finais de febreiro de 2025, incorporando medidas clave como a regulación das condicións de alimentación, hixiene e identificación dos animais, obrigas específicas para a tenza de cans potencialmente perigosos, así como a implantación dun sistema de xestión ética das colonias felinas mediante o método CER (Captura, Esterilización e Retorno). Ademais, o texto contempla un réxime de sancións graduadas en función da gravidade das infraccións.
A portavoz do BNG, Iria Cotelo, explica que “deixamos unha ordenanza completa, traballada e consensuada cos distintos grupos, lista para a súa aprobación, á espera unicamente de concretar as zonas de esparexemento canino”.
Neste sentido, lembra que “na última reunión de portavoces este foi o único punto que quedou pendente, e o propio goberno do Partido Popular comprometeuse en maio de 2025 a convocar un encontro para consensualo”.
Porén, Cotelo critica que “un ano despois seguimos sen noticias desa reunión, o que resulta difícil de entender cando o resto do texto está consensuado cos grupos e listo para levar a pleno”.
A portavoz nacionalista advirte de que esta paralización retrasa a posta en marcha dunha normativa necesaria para garantir o benestar animal e a convivencia. “Estamos a falar dunha ferramenta fundamental para regular cuestións que afectan ao día a día da veciñanza e ao coidado responsable dos animais”, sinala.
“Non ten sentido manter paralizada unha ordenanza xa feita por non convocar unha reunión que o propio goberno se comprometeu a celebrar”, engade.
Por todo iso, desde o BNG reclaman ao executivo local que convoque “canto antes” unha nova reunión de portavoces para pechar este aspecto pendente e poder levar a ordenanza ao pleno municipal para a súa aprobación.
“Viveiro non pode seguir agardando por unha norma necesaria e demandada; o traballo está feito, só falta vontade política para rematalo”, conclúe Cotelo

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



