A Mariña, 12 de abril, 2026. O BNG anima á sociedade mariñá a participar no acto conmemorativo do Día Mundial da Atención Primaria, convocado por SOS Sanidade e pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña. A concentración, de carácter tamén reivindicativo, terá lugar este luns 13 de abril ás 11:30 horas diante do Centro de Saúde de Viveiro.
Desmantelamento
A situación de desmantelamento que sofre a sanidade pública avanza a pasos de xigante nos últimos anos, acelerándose na comarca desde que hai oito anos o Partido Popular eliminou a Área Sanitaria da Mariña. Desde entón procedeuse á redución progresiva de numerosos servizos que antes se ofrecían na comarca, obrigando agora ás persoas doentes a desprazarse a Lugo e, máis recentemente, mesmo a Ferrol.
Segundo explicou o responsable comarcal Antonio Veiga, “a sanidade pública atravesa unha situación crítica que non é casual nin inevitable, senón o resultado dun desmantelamento planificado tras 17 anos de deterioro deliberado por parte do goberno do PP. Desde a Xunta de Galicia incumpriron a súa obriga de prever, organizar e investir, optando por un modelo que expulsa profesionais e desprotexe a cidadanía”.
Menos recursos, menos facultativos: as ausencias cúbrense por horas
No que respecta á Atención Primaria, a comarca atópase practicamente desmantelada, tanto en recursos económicos como humanos. Son frecuentes as ausencias de profesionais médicos en numerosos centros de saúde, que o Sergas cobre de maneira temporal ou por horas, e nunca na súa totalidade.
A vice-responsable comarcal e portavoz en Viveiro, Iria Cotelo, sinalou que “esta situación na Mariña, e especialmente en Viveiro, é xa insoportable. O PP ten que decatarse de que non pode seguir xogando coa nosa saúde, porque iso é exactamente o que está facendo, e por riba aínda se rin de nós cada vez que levamos iniciativas ás institucións, como as que presentou no Parlamento Galego o noso deputado Daniel Castro”.
O PP continúa deteriorando a Atención Primaria concello a concello
Ademais do caso de Viveiro, os nacionalistas lembran a situación que se vive en concellos como O Vicedo, Ourol ou O Valadouro, entre outros, onde —segundo denuncian— o Partido Popular pretende que a poboación asuma como “normal” a redución ao 50% do persoal facultativo. Tamén mencionan o acontecido recentemente no Centro de Saúde de Foz, onde o Sergas deixou entrever a posibilidade de peche e a perda das urxencias dos sábados pola mañá.
Por todos estes motivos, o BNG pide a máxima participación nesta concentración reivindicativa.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



