Burela, 16 de abril, 2026. O Concello de Burela acollerá este venres, 17 de abril, unha completa xornada previa ao exercicio marítimo MARSEC, organizada pola Armada a través do Mando de Acción Marítima en Ferrol (MARFER). Trátase dun día especialmente pensado para achegar á cidadanía o funcionamento dos medios participantes e para presentar oficialmente o operativo, que se desenvolverá o 18 de abril no porto e nos seus accesos.
Durante a mañá celebrarase unha xornada de portas abertas, na que veciños e visitantes poderán visitar algunhas das embarcacións despregadas para o exercicio. As persoas asistentes terán a oportunidade de coñecer de preto o traballo dos equipos de salvamento, mergullo, control da contaminación e resposta ante emerxencias marítimas.
Así mesmo, está previsto un acto institucional a bordo dun buque da Armada, no que participarán representantes das distintas entidades implicadas no dispositivo. No marco deste encontro realizarase tamén a presentación oficial do exercicio MARSEC ante os medios de comunicación, detallando os obxectivos, fases operativas e medios que intervirán na simulación do día seguinte.
O concelleiro de Mar, Ramiro Fernández, destacou a relevancia desta xornada aberta: “É unha oportunidade única para que a veciñanza coñeza o labor dos profesionais que velan pola seguridade marítima e para poñer en valor o papel estratéxico do porto de Burela”.
Fernández subliñou tamén a importancia de que a Armada escollera Burela como escenario destas manobras: “Sitúanos como referente no ámbito da seguridade marítima e reforza a nosa tradición mariñeira”.
A xornada do venres servirá, así, como antesala dun exercicio de gran envergadura que permitirá avaliar e mellorar a coordinación entre organismos e a resposta ante emerxencias no medio mariño.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



