Ribadeo, 14 de abril de 2026. Esta tarde deron comezo en Ribadeo os actos conmemorativos do ano dedicado á figura do presidente do Goberno e alcalde honorario deste Concello, Leopoldo Calvo Sotelo. Están organizados polo Concello coincidindo co centenario do seu nacemento.
Houbo unha ofrenda floral no cemiterio municipal que realizaron o alcalde, Dani Vega, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e Elisa, unha das netas de Calvo-Sotelo. O Trío de Cámara da Xove Orquestra de Lugo Terra Nova interpretou Alfonsina y el mar e concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, recitou o poema de Manuel María O meu barco, debido á conexión de Leopoldo Calvo-Sotelo coa ría.
A continuación tivo lugar un pleno extraordinario no Pazo de Ibáñez para declarar este 2026 como o ano Leopoldo Calvo-Sotelo. O Concello traballa na organización de diferentes actividades como unha exposición fotográfica, un espazo na Biblioteca El Viejo Pancho, un congreso en xullo así como a divulgación da súa figura nos centros de ensino de Ribadeo. Ademais o Concello, a Real Academia Galega de Ciencias Morais e Políticas, o Colexio de Enxeñeiros e a Fundación Transición solicitáronlle á Comisión Filatélica do Estado a emisión dun selo conmemorativo. O Grupo Planeta editará un volume dedicado a Calvo-Sotelo e tamén haberá actividades musicais, que deron comezo coa actuación esta tarde da Coral Polifónica de Ribadeo, que interpretou dúas habaneras ao remate da misa in memoriam de que ten fora presidente do Goberno do Estado. A encargada de presentar toda esta programación foi a concelleira de Cultura que subliñou que “Ribadeo forma parte da historia de Leopoldo Calvo-Sotelo. E el forma parte da historia de Ribadeo. Recoñecelo, é simplemente, un acto de memoria”.
Na sesión plenaria interviñeron Juan Calvo-Sotelo, fillo do homenaxeado, que se aludiu á súa faceta máis persoal, ao seu amor pola pesca, pola ría, polo mar, polas praias e pola música. E tamén se referiu a todos os recoñecementos que ao longo dos anos o seu pai recibiu de Ribadeo, do Concello, do Club Náutico, da Coral Polifónica ou da Confraría de Pescadores.
Antonio Martínez, alcalde de Ribadeo na época na que Calvo-Sotelo foi presidente do Goberno, referiuse ao seu apoio constante para o despunte de Ribadeo no ámbito de infraestruturas como a Ponte do Santos, entre outras, e tamén en materia de sanidade.
Miguel Santalices, presidente do Parlamente de Galicia, e Dani Vega, alcalde de Ribadeo, puxeron de releve o talante de Leopoldo Calvo-Sotelo, o papel que xogou na transición española, a súa visión europeísta, e definírono como defensor das autonomías. O 18 de maio de 1981 firmou o Estatuto de Galicia.
O rexedor agradece a asistencia aos actos de todas as autoridades autonómicas, provinciais e locais, á familia Calvo-Sotelo, ás súas amizades e tamén a todas as veciñas e veciños que esta tarde encheron o Salón de Plenos do Concello. Dani Vega subliñou que “por primeira vez na historia de Ribadeo o presidente do Parlamento de Galicia co presidiu un pleno deste Concello”. O acto rematou coa interpretacións dos himnos galego e español.























O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



