Xove, 15 de abril, 2026. O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade, impulsa en colaboración co IES Illa de Sarón o programa socioeducativo «Identidades que Suman: masculinidades saudables e convivencia xuvenil», dirixido ao alumnado de 3º e 4º da ESO.
A iniciativa, que consta de catro sesións dunha hora semanal, dará comezo o luns 20 de abril no propio centro educativo. O programa nace como resposta ás demandas de familias e profesorado, e ten como obxectivo promover a igualdade, a intelixencia emocional e a prevención de condutas discriminatorias e violentas entre a mocidade.
Ao longo das sesións traballarase en:
• Reflexionar sobre o concepto tradicional de masculinidade e o seu impacto social.
• Construír modelos de masculinidade máis equilibrados, saudables e coherentes.
• Fomentar a expresión emocional, o respecto mutuo e a convivencia positiva.
• Reforzar a identidade persoal como base para unha vida con sentido e vínculos comunitarios sólidos.
O Concello de Xove impulsa este programa tras as advertencias das autoridades educativas sobre retrocesos nos valores de igualdade e a reprodución de condutas machistas e violentas entre adolescentes. A iniciativa busca intervir de maneira preventiva, reforzando unha cultura de respecto, tolerancia e relacións humanas máis xustas.
«Identidades que Suman» está deseñado cunha linguaxe e dinámicas adaptadas á mocidade, favorecendo personalidades críticas, conscientes e capaces de construír vínculos saudables. O programa está cofinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



