Burela, 11 de abril, 2026. O Burela FS protagonizou un partido moi intenso no Joan Gamper, cun inicio cheo de ocasións claras. No primeiro minuto, Izan dispuxo da primeira chegada perigosa tras unha saída rápida de balón, e pouco despois Pitero obrigou a Iker Abad a realizar a súa primeira intervención.
O Barça Atlètic adiantouse no minuto 6 cun gol de Recasens, que aproveitou un rexeite tras un saque de falta. O Burela respondeu con varias chegadas: Jason probou sorte no minuto 8 cun disparo por riba do traveseiro e, no 10, unha xogada ensaiada entre Raid, Izan e Pitero acabou despexada pola defensa local.
No minuto 12, Jordi Sánchez estivo a piques de marcar a porta baleira, pero Nico salvou in extremis tras un pase errado de Torero. No mesmo minuto, Izan estrelou un potente disparo no traveseiro. O Burela seguiu presionando con intensidade e Nico obrigou de novo a Iker a enviar a córner un tiro raso moi perigoso.
A tres minutos do descanso chegou o 2-0, de novo obra do capitán catalán, que recuperou o balón e definiu con contundencia. Antes do intermedio, o Burela tivo máis ocasións: Alán rematou de cabeza no 18, pero Iker desviou á banda, e unha boa contra entre Alán e Mauro tampouco logrou superar ao gardameta local.
Segunda parte: reacción, sufrimento e emoción ata o final
A segunda metade comezou cun golazo de Pitero no primeiro minuto, xirándose na área e colocando o balón na escuadra. Segundos despois, Raid rozou o empate e Izan obrigou de novo a Iker a intervir no 22.
No 24, Tapias anotou o 3-1 nun lanzamento de falta que se coou entre as pernas de Lautaro. O porteiro arxentino desviou ao traveseiro outro disparo de Tapias no 25 e enviou a córner un tiro de Pol Cano tras un saque longo.
No 29, Pitero e Izan dispuxeron dun dobre intento que a defensa e o porteiro barcelonés neutralizaron. Viedma evitou o segundo do Burela cunha gran parada a Izan, pero no minuto 31 o propio Izan viu a vermella directa por unha zancadilla a Roger. No saque de falta, Recasens completou o seu hat-trick cun disparo escorado.
O Burela apostou polo xogo de cinco con Raid como porteiro-xogador. No minuto 34, Pitero transformou un penalti para poñer o 4-2. Roger estrelou un balón no largueiro no 35 e, no 36, Lautaro detivo un dobre penalti nunha intervención espectacular.
O Barça estivo preto de sentenciar nun disparo do seu gardameta a porta baleira e nunha contra finalizada por Alberto, pero no 37 chegou o 4-3: un auténtico golazo de Charly culminando unha gran combinación en xogo de cinco.
Nos últimos minutos, o Burela tivo o empate moi preto: unha falta perigosa que despexou a defensa local, un tiro raso de Nico que saíu rozando o pau e un disparo final de Raid que Iker enviou a córner no último instante.
Ficha Técnica Barça Atlètic 4-3 Reyco Burela FS
Barça Atlètic (4): Iker Abad; Roger, Sergi Viedma, Tapias, Víctor Pérez, –quinteto inicial-, Joel Miñano, Pol Cano, Recasens (C), Sequero, Jordi Sánchez, Rubén Rodó, Pau Ramos, Adriá.
Reyco Burela FS (3): Torero; Pitero (C), Charly, Raid, Izan, -quinteto inicial-, Alán, Jason, Alberto, Mauro, Nico, Lautaro (P)
Goles: 1-0, min. 6: Recasens. 2-0, min. 17: Recasens. 2-1, min. 21: Pitero. 3-1, min. 24: Tapias. 4-1, min. 31: Recasens. 4-2, min. 34: Pitero. 4-3, min. 38: Charly.
Árbitros: Jesús Montero // Juan Haedo // Jordi Eliseo Sarabia // Anuar Bakkas. Por parte do Barça Atlètic viron tarxeta amarela Víctor Pérez (4′), Roger (27’), Pau Ramos (33′), Pol Cano (33′) e Adriá (38′). Por parte do Reyco Burela, Alán (12′), Raid (24′), Alberto (35’), Pitero (35’) e Lautaro (35’). Veu a tarxeta vermella Izan (31′).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 25 de Segunda División Masculina disputado na Ciutat Esportiva Joan Gamper de Barcelona





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


