Nesta sexta edición propón un percorrido de arredor de 450 quilómetros polo patrimonio natural e cultural da provincia con especial protagonismo para os Camiños Xacobeos
Lugo, 28 de maio de 2026. A Xunta de Galicia apoia a sexta edición da Ruta Castrexa de Mototurismo organizada pola Asociación Motorista Lucense, que se celebrará o 13 de xuño e discorrerá por 11 concellos da provincia. Os detalles da xornada déronse a coñecer hoxe nun acto que tivo lugar na Delegación Territorial de Lugo e no que participaron o delegado territorial, Javier Arias; José Aurelio Novoa, presidente da entidade promotora, e José Canda, presidente da Federación Galega de Motociclismo, entre outros.
Na antesala do Xacobeo 2027, a ruta concede este ano especial protagonismo aos municipios dos Camiños Francés, Norte e Primitivo, que son unha ampla maioría no percorrido proposto; este suma arredor de 450 quilómetros e atravesa Lugo, Abadín, Trabada, Ribadeo, A Ribera de Piquín, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Sarria e Portomarín.
Arias destacou o valor da iniciativa, que forma parte do Campionato Galego de Mototurismo e “suma deporte e cultura, contribuíndo á difusión do patrimonio natural e monumental da provincia”.
Dado que non se trata dunha carreira competitiva, deixa á elección de cada participante a elección do itinerario concreto polas estradas que máis lle conveñan; establécense unha vintena de puntos de control e está calculado para unha velocidade media de 50 quilómetros por hora. A saída terá lugar da praza da Mosqueira ás 10:00 da mañá e a hora límite de chegada ao Pazo de Feiras e Congresos será ás 20:00 horas. As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición a través da web do evento.




















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
Os senadores do PP por Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano, xunto co portavoz de Interior do Grupo Parlamentario Popular no Senado, Luis Santamaría, mantiveron unha reunión no Senado con representantes da Asociación Española de Gardias Civís na provincia de Lugo, que lles trasladaron as principais reivindicacións do colectivo e analizaron os problemas e necesidades que afectan á Garda Civil na provincia.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



