Compostela, 28 de maio, 2026. No marco do proceso de información pública do informe sexenal sobre o Canis lupus, promovido polo MITERD, ADEGA vén de presentar alegacións, centradas especialmente no documento remitido pola Xunta de Galicia, que sostén que a especie se atopa nun estado de conservación favorábel. A organización ecoloxista considera que esta afirmación non se axusta ás evidencias científicas recollidas polo propio MITERD, que apuntan a un estado de conservación desfavorábel tanto a nivel estatal como en Galicia.
Segundo ADEGA, o documento alternativo da Xunta emprega argumentos e datos cunha solidez metodolóxica moi cuestionábel. Un dos puntos máis críticos é o uso de metodoloxías dispares nos censos realizados entre 2021 e 2022. A entidade lembra que, tras o censo oficial de 2021 —no que se detectaron arredor de 76 mandas—, a Xunta realizou en 2022 mostraxes parciais con cambios metodolóxicos e sen participación dos axentes ambientais, centradas só en áreas con resultados negativos. A suma destes datos posteriores, segundo ADEGA, distorsiona o resultado final e podería inflar artificialmente a estimación de mandas reprodutoras.
Mesmo aceptando as cifras oficiais da Xunta (93 grupos en 2021-2022 fronte a 90 en 2012-2015), ADEGA subliña que a taxa de crecemento anual sería dun 0,47%, un indicador de estancamento poboacional. Se se tomasen só os datos de 2021, a taxa sería negativa (-2,44%), o que apuntaría a unha tendencia regresiva. A entidade atribúe este estancamento ao furtivismo e ás mortes non naturais, que poderían situarse entre 200 e 300 lobos ao ano.
ADEGA tamén lembra que a xestión da especie por parte da Xunta foi sinalada polo TSXG, que advertiu da falta de análises técnicas propias e da utilización de información procedente de denuncias e artigos de prensa sen verificación de campo. Para a organización ecoloxista, esta situación evidencia un uso político e demagóxico da especie, que dificulta tanto a súa protección efectiva como a convivencia coa gandería.
Finalmente, ADEGA considera que o informe presentado pola Xunta busca obstruír o proceso de protección real do lobo e non responde ás necesidades nin da conservación da especie nin das explotacións gandeiras afectadas.




















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



