Xove, 19 de maio, 2026. O CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán de Xove continúa avanzando na organización dos actos conmemorativos do seu 50 aniversario, que terán lugar o vindeiro sábado 23 de maio.
O centro educativo expresa o seu máis sincero agradecemento á comunidade educativa pola súa implicación, apoio e participación activa na preparación desta celebración tan significativa. Así mesmo, fai un recoñecemento especial á colaboración da Escola Municipal de Música, da Asociación Cultural Saíñas, da empresa Alcoa e, de maneira moi destacada, do Concello de Xove, cuxo compromiso está a resultar fundamental para facer posible este evento.
Grazas á suma de esforzos de todas estas entidades e persoas, a xornada permitirá crear un espazo de convivencia e lembranza que poña en valor a historia do centro e o seu papel na vida social e educativa do municipio ao longo das últimas cinco décadas.
O acto do sábado 23 contará coa presenza de autoridades públicas e representantes de diversas entidades locais. Entre elas, participarán membros de Alcoa San Cibrao, entidade coa que o CEIP Pedro Caselles mantén unha longa traxectoria de colaboración en proxectos educativos e de voluntariado. Durante o evento realizarase un recoñecemento á súa contribución ao proxecto de renaturalización do patio escolar, no que Alcoa está a colaborar activamente.
“Desde Alcoa San Cibrao alégranos poder celebrar xunto ao CEIP o seu 50 aniversario. É unha institución educativa coa que levamos moitos anos colaborando e esta é unha oportunidade para recoñecer a valiosa contribución que realiza, non só no ámbito educativo senón tamén na comunidade”, indican.
Pola súa banda, desde o Concello de Xove destacan a importancia deste aniversario, que pon de manifesto medio século de traxectoria e serve como homenaxe á memoria viva de centos de veciños e veciñas que pasaron polas súas aulas e que hoxe continúan contribuíndo á vida cultural, social e humana do municipio.
Programa do 50 aniversario – 23 de maio de 2026
12:00 h Apertura de portas
12:30 h Acto institucional
14:00 h Concerto da Escola Municipal de Música
14:30 h Xantar de confraternidade
17:00 h Actuación do grupo Saíñas
17:30 h Finalización do acto
Cómpre sinalar que todas as actividades serán de carácter gratuíto, agás o xantar de confraternidade, para o cal os tickets xa foron postos á venda e actualmente están esgotados.
O CEIP Plurilingüe Pedro Caselles Rollán anima a toda a veciñanza e ás persoas vencelladas ao centro a participar nesta xornada tan especial, concibida como un punto de encontro interxeracional e unha homenaxe compartida á historia educativa do municipio.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



