Viveiro, 28 de maio, 2026. O filme documental 1846 – Revolución Galega estrearase en Viveiro este venres 29 de maio ás 19:00 horas, no Salón de Usos Múltiples do Concello de Viveiro.
A sesión incluirá un coloquio co director e investigador da Revolución Galega, César Caramês, profesor de lingua e literatura galega en Moraña. O documental é o resultado de anos de traballo dedicados a recuperar un dos episodios máis relevantes —e á vez máis esquecidos— da historia contemporánea de Galiza.
A Fundación Galiza Sempre leva anos impulsando iniciativas para sacar do ostracismo este capítulo fundamental da nosa memoria colectiva. En 2021 publicou o primeiro monográfico da colección Efemérides da Galiza, dedicado ao 175 aniversario dos Mártires de Carral e escrito por Xusto Beramendi. En 2022 editou o volume dedicado ao 200 aniversario da morte de Antolín Faraldo, da man de Henrique del Río. Este ano, coincidindo co 180 aniversario, publicou unha nova entrega centrada especificamente na Revolución Galega, da autoría de Caramês.
Ademais do documental e da colección Efemérides da Galiza, a Fundación impulsou xunto coa editora Tempo Galiza unha edición facsimilar completa do xornal El Porvenir, publicada por primeira vez na súa integridade.
A estrea deste documental responde á necesidade de visibilizar un acontecemento practicamente descoñecido para a maioría da sociedade galega. Reducilo a un simple pronunciamento liberal español con matices folclóricos galeguistas impide comprender a súa verdadeira dimensión histórica. Sen este episodio, a lectura da literatura galega do século XIX —e das figuras de Rosalía, Murguía ou Pondal— queda incompleta.
A narrativa oficial, baseada nunha obra de 1977 con intención “desmitificadora”, minimizou a combatividade, a anticipación e o alcance popular e internacional da Revolución Galega, reducindo o acontecemento a unha anécdota rexional dentro do discurso nacional español. A dixitalización e democratización das fontes permite hoxe revisar ese relato e recuperar a visión dun movemento que anticipa a aparición de Galiza como suxeito nacional moderno.
O documental conta coa participación de 17 especialistas que analizan os feitos desde múltiples disciplinas: economía, literatura, antropoloxía, política, xénero, socioloxía, relixión e historia contemporánea. Entre eles: Carlos Callón, Ascensión Cambrón, Camilo J. Cortizo, Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, Isidro Dubert, Eliseo Fernández, Manuel Gago, Xurxo Martínez, Francisco Prieto, Juan Renales, Henrique del Río, Francisco Rodríguez, Antom Santos, Goretti Sanmartín, Iria Taibo, Marga do Val e X. Ramón Veiga.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



