Madrid, 19 de maio, 2026. Ante a información difundida polo senador do PSOE, César Mogo, en relación co debate celebrado onte na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible do Senado, o PP realiza varias aclaracións “para evitar interpretacións falsas ou interesadas da realidade”.
A Comisión reuniuse onte, luns, para debater seis mocións, das cales cinco foron aprobadas. Entre elas figuraba a iniciativa presentada polo Grupo Parlamentario Popular para reclamar a instalación urxente dun sistema de balizamento láser co obxectivo de mellorar a seguridade viaria en condicións de visibilidade reducida no tramo da Autovía do Cantábrico (A-8) ao seu paso por O Fiouco (Lugo).
A moción foi aprobada con 18 votos a favor (Grupo Popular e BNG) e 10 abstencións (PSOE e PNV).
Polo tanto, é rotundamente falso afirmar que “o Partido Popular rexeitou no Senado a instalación da baliza láser no Fiouco”. O certo é exactamente o contrario: o acordo aprobado insta expresamente ao Goberno de España a:
Instalar de forma inmediata e urxente o sistema de balizamento láser, por ser a tecnoloxía innovadora testada para mellorar a seguridade viaria en condicións de visibilidade reducida no tramo de O Fiouco da A-8.
Ampliar a zona de balizas antinéboa, compatibles co sistema láser, para guiar aos condutores en episodios de meteoroloxía adversa.
Reforzar os sistemas de control e análise das condicións meteorolóxicas na A-8, incrementando a capacidade de detectar bancos de néboa especialmente intensos.
Estudar todas as medidas necesarias para garantir a circulación segura, incluíndo o peche temporal cando sexa preciso e a habilitación dun itinerario alternativo en condicións óptimas. Isto inclúe arranxar e adecuar a N-634, prolongando o terceiro carril ata a rotonda de enlace coa A-8 no Alto da Xesta.
“Resulta especialmente rechamante que o Grupo Socialista optase pola abstención e, posteriormente, difundise unha versión dos feitos que non se corresponde co acordado oficialmente na Comisión”, afirma o PP.
“Comprendemos que o senador socialista poida ter dificultades para explicar por que o Goberno de España leva máis de tres anos sen executar unha solución técnica amplamente demandada por veciños, transportistas e usuarios desta vía. Pero iso non xustifica unha interpretación interesada do resultado da votación nin unha tentativa de confundir á opinión pública”.
Desde o Grupo Parlamentario Popular “pedimos respecto á verdade, ás institucións e aos veciños da comarca e da provincia de Lugo, que levan demasiado tempo reclamando solucións eficaces para mellorar a seguridade nun dos puntos máis problemáticos da A-8”.

























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



