O voceiro popular, Manuel Rouco, valorou o acontecido durante a sesión plenaria como “un perfecto exemplo do que puideron observar os veciños e veciñas de Burela do importante labor de fiscalización que realiza o Grupo Municipal Popular”
Burela, 29 de maio de 2026. O Grupo Municipal do Partido Popular de Burela criticou duramente o desenvolvemento do pleno ordinario celebrado este xoves, asegurando que quedou en evidencia “a xestión totalmente carente de planificación e absolutamente improvisada do goberno da señora López Moreno”.
O voceiro popular, Manuel Rouco, valorou o acontecido durante a sesión plenaria como “un perfecto exemplo do que puideron observar os veciños e veciñas de Burela do importante labor de fiscalización que realiza o Grupo Municipal Popular fronte ás accións, ou a falta delas, do actual equipo de goberno”.
Segundo explicou Rouco, o executivo municipal pretendía aprobar un expediente de suplemento de crédito “para incrementar en case 2 millóns de euros o xa de por si elevado orzamento aprobado este mesmo ano”, pero asegurou que o documento presentado contiña “máis de 40 novas actuacións nas que os números non daban”.
“O equipo de goberno tivo problemas coas contas unha vez máis, e non vai ser a última deste mandato”, afirmou o portavoz popular, quen detallou que “a suma das partidas e os totais do expediente non cadraban en modo algún”.
Desde o PP sinala que, tras intentar modificar as cifras durante o propio pleno, a alcaldesa decidiu finalmente retirar o punto da orde do día atendendo ás advertencias formuladas polo grupo da oposición. “Dándose conta de que os erros eran tan numerosos e avultados e que non era viable seguir adiante, decidiu facer caso ao ofrecemento do Grupo Municipal Popular e retirar o expediente para volver presentalo cando estea correctamente revisado”, indicou Rouco.
Os populares tamén denunciaron incidencias no seguinte punto da sesión, relacionado coa aprobación dun crédito extraordinario. Segundo explican, os datos incluídos no expediente estaban vinculados ao punto previamente retirado, o que obrigou ao goberno local a realizar unha rectificación durante o pleno para poder continuar co debate e a votación.
Para Manuel Rouco, o sucedido evidencia “a falta de rigor” do executivo municipal. “A señora López Moreno tivo incluso o descaro de tratar de culpar ao Grupo Municipal Popular de que o seu equipo de goberno non fora capaz de facer o seu traballo e revisar adecuadamente os expedientes”, afirmou,
O voceiro do PP tamén cargou contra a capacidade de xestión da alcaldesa. “Nin con asesora de por medio, nin con técnicos ao seu servizo, a señora López Moreno é capaz de facer o seu traballo de forma axeitada e o cargo quédalle moi pero que moi grande”, asegurou.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.

