O portavoz popular que “as probas prácticas en pista que se fan en Foz para os carnés de camión ou motocicleta está suspendidas pola falta de xestión deste equipo de goberno e polos seus múltiples erros”, subliñando que “non é por ningunha outra circunstancia nin por culpa do Partido Popular”
Foz, 25 de maio de 2026. O Partido Popular de Foz acusa ao goberno municipal de volver “mentir” sobre a situación das probas prácticas de tráfico no municipio e asegura que a suspensión dos exames para carnés de camión e motocicleta débese “á falta de xestión e aos múltiples erros do executivo local”.
O portavoz popular, Javier Castiñeira, lamenta que “a señora Couto volve mentir unha vez máis na súa liña destes últimos anos” e critica que tente “acusar ao Partido Popular por facer o seu labor de fiscalización do equipo de goberno”.
Castiñeira asegura que “as probas prácticas en pista que se fan en Foz para os carnés de camión ou motocicleta están suspendidas pola falta de xestión deste equipo de goberno e polos seus múltiples erros”, subliñando que “non é por ningunha outra circunstancia nin por culpa do Partido Popular”.
O portavoz popular afirma que a tenente de alcalde “engana ás autoescolas” ao omitir que existe un informe negativo da Dirección Xeral de Tráfico sobre as novas instalación no polígono industrial de Fazouro. “É o propio Tráfico quen lle suspende ao señor Cajoto o permiso solicitado para esa nova pista”, indica..
Segundo explica Castiñeira, “hai informes desfavorables da Dirección Xeral de Tráfico e ese é o verdadeiro motivo”. Ademais, engade que o organismo estatal advertiu de que “ou cambian as instalacións ou así non valen”.
O PP considera que os principais prexudicados son “os alumnos e tamén ás autoescolas”, que “xa teñen problemas pola falta de implicación de Tráfico nos exames e agora atopan outro problema máis”.
Castiñeira insta ao señor alcalde a “deixar de facer o ridículo defendendo o indefendible” e a explicar “por que están realmente suspendidas as probas en Foz”. Neste sentido, asegura que a infraestrutura realizada polo goberno local foi deseñada “sen deixarse asesora por ningún técnico nin polas propias autoescolas de Foz”.
Finalmente, o portavoz popular sostén que esta situación “é unha mostra máis da incompetencia e da falta de comunicación do señor Cajoto”.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



