Trabada, 25 de maio de 2026. O Concello de Trabada informa das posibilidades de acceso a melloras nas condicións do subministro eléctrico vinculadas ao parque eólico Mondigo, dirixidas especificamente a gandeiros, agricultores, empresas e veciños e veciñas que contan cun comercio no Concello de Trabada.
Nos últimos días, o alcalde de Trabada, Rubén García, mantivo unha reunión co persoal de Recursos de Galicia para abordar esta iniciativa e coñecer os pasos necesarios para que os posibles beneficiarios poidan acceder a propostas adaptadas aos seus consumos enerxéticos.
Como primeiro paso, as persoas e entidades interesadas deberán rexistrar os seus datos e información sobre os seus consumos eléctricos a través da páxina web https://rdgdatos.gal/ ou mediante a aplicación móbil habilitada para este fin que é RDG Datos.. A partir desa información, desde Recursos de Galicia elaboraranse propostas individualizadas orientadas á mellora dos prezos da enerxía.
O alcalde, Rubén García, sinalou que “desde o Concello queremos facilitar toda a información e acompañar aos posibles beneficiarios neste proceso, especialmente a sectores fundamentais para o noso municipio como son as explotacións gandeiras, agrícolas, o tecido empresarial e o pequeno comercio”.
Así mesmo, destacou que “é importante que as persoas e negocios aos que vai dirixida esta iniciativa poidan coñecer as opcións existentes e valorar posibles aforros nos seus custos enerxéticos”.
Desde o Concello de Trabada poñen á disposición dos interesados apoio para resolver dúbidas e colaborar na tramitación. Tamén se poderá contactar directamente con Recursos de Galicia no teléfono 604 012 723 para consultas ou información adicional.




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



