Burela, 25 de maio de 2026. O BNG de Burela reclama respecto para a comunidade educativa do CEIP Vista Alegre e considera “improcedente” a resposta da Xunta de Galicia ante as demandas de reforma integral do centro.
Desde hai semanas, dirección, ANPA, Consello Escolar e familias manteñen concentracións para reclamar investimentos nun colexio moi antigo e nunca reformado. O voceiro do BNG e tenente de alcaldesa, Mario Pillado, lamenta que o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, “negue a evidencia e responsabilice ao Concello de Burela dunha situación que non lle corresponde”.
Pillado lembra que o CEIP Vista Alegre “é o colexio no que medrei, e sei como estaba hai máis de 30 anos e como está agora, sen apenas investimentos”. Engade que non se trata dun problema de mantemento municipal, “e iso dígoo tamén como concelleiro de Educación”.
O BNG pide colaboración e respecto para ANPA e dirección
O voceiro nacionalista critica que se cuestione o traballo da ANPA, que elaborou unha memoria detallada sobre o estado do centro, e da dirección, “que leva anos alertando da situación con toda a boa fe”.
Pillado sinala que en Burela “non somos parvos e vemos investimentos noutros concellos, con cantidades moi superiores aos 75.000 euros dos que presume Arias, como en Ribadeo ou Viveiro, curiosamente gobernados polo Partido Popular”.
O Concello leva dous anos esperando actuacións da Xunta
Desde a Área de Educación do Concello e desde o BNG aseguran levar máis de dous anos agardando que a Xunta actúe nos centros educativos de Burela, “todos eles con necesidades urxentes de investimento”.
O grupo municipal reitera a súa disposición a reunirse coa Xunta ou a recibir aos seus representantes para que comproben sobre o terreo a situación dos centros e traballar pola mellora do ensino público na vila.



















Celebrouse no marco das festas de Vilamar, en Barreiros.
Trátase dunha mostra apoiada pola Xunta que pon en valor o patrimonio histórico, artístico e xacobeo do templo. Comisariada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila, a exposición reúne oito paneis de carácter didáctico que repasan a historia do santuario, as súas pinturas medievais, góticas e marianas e a súa relación cos Camiños do Norte. O acto enmarcouse no inicio das festas, que concluíu coa lectura do pregón a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo.
Faino despois de que esta semana aparecese vandalizada a lápida de Paulo Lopes nun acto que a entidade cualificou de racista e xenófobo. O colectivo expresou o seu apoio á familia e reclamou que se esclareza a orixe da agresión. A concentración terá lugar o luns 25 de maio, ás 20:00 horas, na praza do Concello de Burela, baixo o lema de apoio a Antonina Semedo e contra o racismo.
Durante a visita, destacou a importancia do evento para impulsar a comercialización do produto artesán galego, achegar os oficios á sociedade e reforzar a marca Artesanía de Galicia como sinónimo de calidade e traballo feito á man. Nesta edición participaron 20 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, especializados en marroquinería, cantería, xoiería, cerámica, forxa, bordado ao aire, cestería, xoguetes, tecido, debuxo, vidro, elaboración de roupa, bixutería, sombreirería e complementos de moda.
Os premiados e recoñecidos queixos de Gandería Quintián foron os protagonistas. Os asistentes puideron ver a elaboración de diferentes receitas, que despois tiveron a oportunidade de degustar. A Gastropraza está organizada polo Concello de Ribadeo, a asociación de Cociñeiros Lugo, a Xunta de Galicia e Acisa.
O acto contou coa presenza do alcalde, Carlos López López, e de representantes institucionais de ABANCA e Afundación. A mostra, que poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 3 de xullo en horario de 14.00 a 20.00 h, forma parte do proxecto «Corrente cultural», co que Afundación impulsa a difusión artística por toda Galicia. A exposición reúne corenta fotografías procedentes dos arquivos da Axencia EFE que retratan a emigración española e galega ao longo do século pasado, ofrecendo unha mirada humana e documental sobre a historia de millóns de persoas que tiveron que abandonar o seu país para sobrevivir.
Durante a visita déronlle un ramo de flores e felicitárona en nome de toda a veciñanza nesta data tan especial. Un xesto co que o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman unha parte fundamental da comunidade.



