Foz, 1 de maio, 2026. As e os socialistas da provincia de Lugo celebraron este venres en Foz a tradicional Festa das e dos Traballadores, organizada pola Agrupación Socialista de Foz con motivo do Primeiro de Maio. A xornada tivo lugar tras a participación na manifestación polo Día Internacional do Traballo e no acto de homenaxe á exalcaldesa Paula Alvarellos en Lugo.
Con máis de tres décadas de historia, o encontro reuniu militantes, simpatizantes e cargos orgánicos e institucionais do PSdeG arredor da defensa dos dereitos laborais, do municipalismo e da democracia. Entre as persoas asistentes estiveron a secretaria de organización do PSdeG e deputada autonómica, Lara Méndez; o senador por Lugo, César Mogo; o presidente da xestora provincial, Lucho Lago; o alcalde de Foz e deputado provincial, Francisco Cajoto; e o secretario de organización do PSdeG de Foz, Carlos García, xunto a representantes da Mariña e doutras agrupacións da provincia.
Nas intervencións, as e os representantes socialistas relacionaron a defensa da clase traballadora coa protección da democracia municipal, facendo referencia ao transfuguismo e ao avance da ultradereita. Tamén sinalaron que o sucedido no Concello de Lugo supón, segundo expresaron, “un ataque á vontade expresada pola cidadanía nas urnas”, e apelaron á unidade, á mobilización e ao traballo político nos concellos.
Lara Méndez destacou os avances laborais atribuídos aos gobernos socialistas e fixo referencia aos datos de afiliación á Seguridade Social, á redución do paro, á suba dos salarios e ás políticas de protección social. Pola súa parte, César Mogo afirmou que a situación política en Lugo xerou unha “ferida” que, ao seu xuízo, terá resposta cidadá.
O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, agradeceu a participación e puxo en valor o Primeiro de Maio como unha data para defender os dereitos laborais, citando medidas como o incremento do salario mínimo ou a estabilidade laboral. Reivindicou tamén o traballo municipal do PSdeG en Foz e asegurou que continuarán traballando para mellorar a vida da veciñanza.
A xornada concluíu cun chamamento á unidade do socialismo lucense, á defensa dos servizos públicos e dos dereitos da clase traballadora, e á mobilización fronte a prácticas que, segundo advertiron, “non respectan a vontade expresada nas urnas”.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



