Trabada, 1 de maio, 2026. O Concello de Trabada ultima os preparativos para a celebración da VII Festa Gastronómica da Enfariñada, que terá lugar este domingo 3 de maio, a partir das 12:00 horas, na explanada situada fronte ao parque da rúa San Roque.
A poucos días da cita, o Concello anima á veciñanza e visitantes a achegarse para gozar dunha das festas máis destacadas do calendario local, que cada ano reúne a centos de persoas arredor da gastronomía e da tradición.
Como é habitual, máis de 40 veciños e veciñas voluntarios elaborarán en directo a tradicional enfariñada, mantendo viva unha receita que se converteu nun símbolo do municipio.
Un ano máis, a Asociación Saúde Mental A Mariña será a encargada de elaborar as cuncas da festa, dentro da colaboración que mantén co Concello, reforzando así o carácter social do evento.
Gastronomía, tradición e novidades
A oferta gastronómica incluirá novamente opcións sen gluten e as filloas das fiolleiras de Muimenta. Como novidade, nesta edición poderase degustar tamén enfariñada con bonito de Burela, elaborada pola Sociedade Cultural Ledicia.
A xornada completarase cun mercado de produtos artesanais e de proximidade, ademais dun programa musical que contará coas actuacións de Mestura de Nete, Grupo Lume e a Orquestra Marbella.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou que “estamos a piques de vivir un dos días máis especiais do ano en Trabada, unha festa que representa o esforzo colectivo da nosa veciñanza e o orgullo polas nosas tradicións”. Tamén animou a participar “tanto á xente de Trabada como a todas as persoas que queiran descubrir unha festa única, feita con agarimo e coa implicación de todo un pobo”.
Desde o Concello subliñan que este tipo de iniciativas contribúen a dinamizar a vida social e económica do municipio, ao tempo que poñen en valor a identidade e a cultura local.























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



