O anuncio do Ministerio é “fume” porque ningún tramo da A-74 conta aínda con trazado definitivo aprobado, calendario de execución nin respaldo orzamentario
Lugo, 20 de xuño de 2026. O senador do Partido Popular por Lugo, José Manuel Balseiro, restou importancia ao anuncio realizado polo Ministerio de Transportes sobre a aprobación provisional do trazado da futura autovía A-74 entre O Carme e Barreiros e asegurou que “a realidade é que a autovía da Mariña segue exactamente onde estaba: sobre o papel, sen obras, sen orzamento e sen prazos”.
Balseiro lembrou que os responsables socialistas prometeron reiteradamente que esta infraestrutura estaría xa en construción no ano 2024. “O líder do PSOE en Galicia, deputados, senadores e alcaldes socialistas venderon aos veciños da Mariña que as obras ían ser unha realidade en 2024. Estamos en 2026 e non só non hai obras, senón que non se executou nin un só quilómetro da A-74”, manifestou.
Para o senador popular, o anuncio realizado polo Goberno non permite falar de avances reais porque a infraestrutura continúa atrapada nunha fase administrativa que aínda deberá superar numerosos trámites antes de converterse nunha obra efectiva.
“Ningún dos tramos da autovía conta a día de hoxe cun trazado definitivamente aprobado. Tampouco existe unha data para o inicio das obras nin unha consignación orzamentaria suficiente que permita pensar nunha execución a curto prazo. O único que temos son liñas debuxadas nun plano e novos anuncios para intentar ocultar a falta de compromiso do Goberno coa Mariña”, afirmou.
Un tramo recortado e con alegacións pendente de resolver
Balseiro lembrou ademais que o tramo agora anunciado xa fora sometido a información pública no ano 2018 polo Goberno de Mariano Rajoy. Aquel proxecto contemplaba un trazado de aproximadamente 11,5 quilómetros entre Foz e Barreiros, mentres que a proposta presentada agora polo Executivo socialista limita a actuación ao subtramo comprendido entre O Carme e Barreiros, cunha lonxitude de apenas 6,5 quilómetros.
“O máis preocupante é que, despois de sete anos de Goberno de Sánchez, non só non avanzaron sobre o proxecto que herdaron, senón que presentan un tramo recortado en preto de cinco quilómetros respecto ao que xa saíra a información pública en 2018. É dicir, anuncian hoxe unha actuación máis curta que a que o Goberno do Partido Popular deixara xa en tramitación e, ao mesmo tempo, recoñecen expresamente na documentación feita pública que continúan sen resolver as alegacións formuladas durante aquel proceso iniciado hai sete anos”, sinalou.
Bloqueo nos despachos
Ao seu xuízo, este feito evidencia a falta de avances reais nunha infraestrutura considerada estratéxica para a comarca. “Estamos ante a demostración de que a A-74 leva anos bloqueada nos despachos. Non resolveron alegacións pendentes desde hai sete anos, non aprobaron definitivamente ningún tramo, non fixaron datas para o inicio das obras e tampouco reservaron os recursos económicos necesarios para executalas”, indicou.
Motivos para desconfiar
O senador popular considera que os veciños da Mariña teñen motivos para desconfiar de novos anuncios mentres non existan compromisos concretos. “A Mariña non necesita máis titulares nin máis promesas electorais. Necesita proxectos definitivamente aprobados, partidas económicas suficientes e máquinas traballando sobre o terreo”, afirmou.
Neste sentido, cualificou o anuncio ministerial como “un novo brindis ao sol” e advertiu de que, sen financiamento, sen calendario e sen decisión política para executar a infraestrutura, “todo corre o risco de quedar reducido a un exercicio de propaganda”.
“Despois de sete anos de Goberno de Sánchez, a autovía da Mariña continúa sendo fume. O PSOE prometeu obras en 2024 e en 2026 seguimos falando de planos, trámites e anuncios. Iso evidencia a falta de compromiso real do Executivo coa comarca e coas súas necesidades de mobilidade, seguridade viaria e desenvolvemento económico”, concluíu Balseiro.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Son 15 os postos instalados nos que os asistentes poderán atopar complementos de moda e téxtis, marroquinaría, xoiaría, teas, sombreirería, bixutaría, xoguetes ou esmaltes. Esta feira está percorrer diversas localidades e cidades galegas para dar a coñecer o traballo dos artesáns galegos. Polo recinto pasaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz.
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna hoxe ao monolito da Cadeir a, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show mañá, ou unha ruta turística o domingo. Ademais, haberá sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.



