Lugo, 10 de xuño, 2026. A membro da xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Regueiro, e a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro, presentaron esta mañá unha nova edición do Ciclo Mestre Mateo na provincia, o circuíto que leva o mellor cinema galego a concellos sen salas comerciais.
Os concellos da Fonsagrada, Foz, A Pobra do Brollón, Monterroso, Taboada, Meira, Sarria e Vilalba acollerán as proxeccións desta edición, que continúa ampliando o acceso ao audiovisual galego e reforzando a rede cultural da provincia.
O público poderá gozar de oito títulos: Sirât, As liñas descontinuas, Antes de nós, San Simón, 360 curvas, O son da nova regueifa, Deuses de pedra e O silencio herdado.
O apoio da Deputación foi determinante para consolidar o ciclo ao longo destes catro anos, nos que se celebraron 232 sesións de cinema con 6.010 espectadores/as, converténdoo nun dos proxectos culturais con maior implantación territorial en Lugo. Regueiro destacou que “a calidade das películas desta edición 2026 e a resposta do público garantirán a continuidade destes excelentes resultados”.
Desde 2022, numerosos concellos da provincia participaron no ciclo, que proxectou 40 películas en centros culturais, auditorios e bibliotecas, achegando o cinema galego a vilas sen salas comerciais.
A deputada de Cultura, Iria Castro, puxo en valor “a continuidade dun ciclo que puxemos en marcha da man da Academia Galega para achegar o audiovisual en galego a vilas sen salas comerciais, abrindo novas canles de difusión e chegando a públicos moi diversos”.
Castro lembrou tamén que o ciclo dá continuidade a un ano no que Lugo foi epicentro do audiovisual galego coa celebración da gala dos Premios Mestre Mateo, e destacou “a ampla representación de profesionais das comarcas de Lugo nas producións finalistas”.
Pola súa parte, Lucía Regueiro subliñou que un dos obxectivos principais do ciclo é “facilitar o acceso a programación de cinema galego actual e de calidade, especialmente para aquelas persoas que non dispoñen dunha oferta comercial nas súas vilas”.
O Ciclo Mestre Mateo, creado en 2022 pola Academia Galega do Audiovisual co apoio da Deputación de Lugo, consolidouse como un proxecto clave para levar o cinema galego a novos públicos e superar as limitacións dos circuítos comerciais.
O proxecto conta coa colaboración da Asociación Cultura M de Meira, o IESCHA de Vilalba, a Asociación Falcatrueiros de Monterroso, a Asociación Petapouco e A Destempo da Fonsagrada, a Sociedade A Unión de Sarria e os concellos da Pobra do Brollón, Taboada e Foz, que organizan a programación das proxeccións. As datas e horarios poden consultarse en ciclomestremateo.gal.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



