O evento, organizado pola Asociación Mindoniense de Clásicos “Mira e Anda”, celebrarase o sábado 20 de xuño cunha ruta, comida e sorteo de agasallos
Mondoñedo, 13 de xuño, 2026. O Concello de Mondoñedo e a asociación “Mira e Anda” presentaron hai uns días a duodécima edición da Xuntanza de Clásicos, un encontro xa consolidado no calendario dos afeccionados aos vehículos históricos. A cita terá lugar o vindeiro sábado 20 de xuño.
Na presentación participaron membros da asociación, así como o alcalde mindoniense, Manuel Ángel Otero Legide e a concelleira de de Camiño Norte, Asociacionismo e Participación Cidadá, Patricia Otero Doural. Ambos destacaron a importancia desta iniciativa para a dinamización cultural e turística da comarca da Mariña.
Programa do evento
O encontro dará comezo ás 10:00 horas coa recepción de participantes e a realización de inscricións, así como a entrega de tickets para a comida, pinchos e o sorteo de agasallos. Ás 12:00 horas dará inicio a ruta, na que participarán coches clásicos, deportivos e motos, percorrendo diferentes paraxes do municipio e arredores.
A xornada continuará ás 15:00 horas cunha comida na Finca San Antonio. Ao remate do xantar procederase á entrega de premios e ao agardado sorteo de regalos entre as persoas asistentes.
Inscricións
O custo da inscrición para participar na Xuntanza de Clásicos é de 40 euros. As persoas interesadas poden obter máis información a través da asociación organizadora “Mira e Anda”.
Desde a organización animan a todos os propietarios de vehículos clásicos, deportivos e motos a sumarse a esta nova edición, que promete ser un punto de encontro para compartir a paixón polo motor.






















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



