Lourenza, 19 de xuño de 2026. Con máis de 100 persoas participantes na estrea de Cervo o pasado 13 de xuño, o proxecto XOGAL chega á súa segunda cita coa enerxía que marca o verán. A proposta aterriza este sábado en Lourenzá, unha vila con un mosteiro monumental, unha figura lendaria e un sabor propio que este sábado 20 de xuño se converte nun gran escenario de xogo ao aire libre, aberto a todo o mundo e totalmente gratuito.
O proxecto XOGAL, impulsado polos GDR Terra Chá, Terras de Miranda, Montes e Vales Orientais e Miño Ulla en colaboración coa empresa galega Escapeo, arrinca a súa segunda cita co escape room “Lourenzá e o Conde Santo”: enigmas, retos e pistas que percorren a historia e o patrimonio dunha vila que agocha moito máis do que parece.
Premios, sorteos e aperitivo de benvida
Ademais da experiencia de xogo en si, os equipos mellor clasificados poderán levar premios en forma de experiencias turísticas e de lecer. Todas as persoas participantes entrarán automaticamente nos sorteos organizados polo proxecto, dúas cestas de productos típicos da zona. Ao remate da actividade, todos os asistentes poderán desfrutar dun pequeno aperitivo de peche.
A inscrición é gratuíta e está aberta en escapeo.com/xogal/
Só fai falta o móbil cargado e calzado cómodo
Un dos grandes atractivos de XOGAL é a súa accesibilidade: non é necesario descargar ningunha aplicación. O xogo funciona directamente desde o navegador do teléfono, o que o converte nunha actividade ideal para toda a familia, grupos de amigos ou simplemente quen queira pasar unha mañá diferente na Mariña Luguesa.
Unha vez celebrado o evento de estrea, a experiencia quedará activa durante un mes, para que veciñanza e visitantes poidan realizala gratuitamente e ao seu propio ritmo.
Dez concellos galegos, dez novas aventuras este verán
A edición 2026 de XOGAL percorrerá dez concellos galegos ao longo do verán: Cervo, Lourenzá, Guitiriz, Foz, Negueira de Muñiz, Meira, Monterroso, Taboada, A Fonsagrada e Castro de Rei. Unha iniciativa que converte o territorio rural galego nun gran espazo de xogo, onde patrimonio, historia, natureza e participación cidadá se unen para ofrecer unha nova forma de explorar Galicia.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



