A Mariña, 8 de xullo de 2026. Os senadores lucenses do Partido Popular -José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano- denuncian a “absoluta falta de transparencia” do Goberno de Pedro Sánchez tras recibir a resposta á iniciativa parlamentaria na que se lle solicitaban explicacións sobre o recorte do primeiro tramo da Autovía da Mariña (A-74).
O senador mariñán José Manuel Balseiro considera que o Executivo “lonxe de ofrecer información, opta por agocharse detrás dunha frase feita”, ao limitarse a afirmar que a nova división da autovía responde a “criterios de funcionalidade e eficiencia administrativa”, sen achegar unha soa explicación concreta que xustifique a decisión.
“O Goberno non explica por que un tramo que inicialmente tiña 11,15 quilómetros pasou a quedar reducido a 6,3 quilómetros, nin que vantaxes supón esa decisión para a execución da infraestrutura. Tampouco aclara quen a adoptou nin en que informes técnicos se basea”, censurou o senador mariñán.
MÁIS OPACIDADE E MENOS AUTOVÍA
Para os populares, esta resposta evidencia “a forma de actuar habitual do Ministerio de Transportes: moita propaganda, pero ningunha explicación cando se lle piden contas”.
Balseiro lamenta que “cada vez que Lugo pregunta polos atrasos ou polos cambios nas súas infraestruturas, o Goberno responde con frases xenéricas que non din absolutamente nada”. Ao seu xuízo, “é unha falta de respecto aos veciños da Mariña, que levan demasiados anos esperando por unha autovía imprescindible para a seguridade viaria e o desenvolvemento económico da comarca”.
O senador recorda que foi o propio Goberno quen modificou a configuración inicialmente prevista para a A-74, fragmentando o trazado en subtramos e reducindo o alcance do primeiro deles, “pero agora négase a explicar por que o fixo”.
NOVAS INICIATIVAS NO SENADO
Ante esta resposta, os senadores lucenses do PP rexistrarán unha nova batería de preguntas no Senado para obrigar ao Executivo a concretar que criterios de funcionalidade e eficiencia administrativa motivaron realmente ese recorte, que informes técnicos avalan a decisión e que vantaxes obxectivas achega respecto do proxecto inicialmente sometido a información pública en 2018.
“Os lucenses teñen dereito a saber por que o Goberno cambiou o proxecto da A-74 e por que segue atrasando unha infraestrutura estratéxica para A Mariña. Non imos aceptar respostas baleiras nin evasivas. Seguiremos esixindo transparencia, explicacións e, sobre todo, feitos”, concluíu Balseiro.






















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



