O senador mariñán formula, a petición da alcaldesa de Cervo, unha pregunta escrita para esixir explicacións ao Goberno sobre como ten previsto actuar ante este caso para previr novas okupacións
Cervo, 17 de xullo de 2026. O senador mariñán do Partido Popular José Manuel Balseiro traslada á Cámara Alta a preocupación dos seus veciños en relación ao recente caso de okupación ilegal dunha vivenda unifamiliar na urbanización Río Cobo, en Cervo.
A petición da alcaldesa do municipio, Dolores García, pedirá explicacións ao Goberno de Sánchez sobre como ten previsto actuar ante este caso e as medidas a adoptar para previr novas okupacións ilegais e garantir a seguridade dos veciños e veciñas afectadas.
O popular formula preguntas, xunto aos demais representantes do PP lucense no Senado, para que o Executivo se pronuncie por escrito sobre a súa postura en relación a estas prácticas que se repiten de forma recorrente en distintos puntos da Mariña e da provincia.
Os populares reclaman unha resposta eficaz por parte do Goberno do Estado ante un fenómeno que xera inquietude e sensación de inseguridade entre os veciños e veciñas.
LEI ANTI-OKUPACIÓN
Os senadores por Lugo urxen a tramitación da Proposición de Lei anti-okupación presentada polo Partido Popular “que foi aprobada no Senado en febreiro do 2024 a pesar dos votos en contra do PSOE e do BNG, pero que permanece bloqueada no Congreso dos Deputados”. Os populares defenden que “se requiren ferramentas para dotar de seguridade xurídica aos propietarios ante este fenómeno social que preocupa ás familias e deixa indefensos aos veciños”.
O Partido Popular aposta por establecer un marco xurídico que permita o desaloxo exprés en 24 horas, prohibir o empadroamento en vivendas okupadas ilegalmente e o reforzo da seguridade xurídica tanto para os propietarios como para o mercado do alugueiro.
O Senado tamén tomou en consideración unha Proposición de Lei presentada polo Partido Popular para modificar o Código Penal co fin de que o corte das subministracións (auga, luz, gas…) dunha vivenda okupada non sexa considerado delito de coacción, novo criterio xudicial fixado pola Audiencia de Barcelona.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



