Barreiros, 9 de xullo, 2026. Aos efectos de aclarar a situación procesual e procedimental do Concello de Barreiros no proceso de execución da Sentenza anulatoria das licenzas de segregación do ano 2002, o Concello de Barreiros quere aclarar a cronoloxía dos feitos e a capacidade de actuación desta Administración Local no proceso.
En primeiro lugar, cómpre sinalar que o ámbito no que se desenvolve este procedemento é estritamente xudicial, ao estar falando do cumprimento da execución dunha sentenza firme desde o 20 de abril de 2012.
A adquisición de firmeza da sentenza implica a súa execución nos termos que se ditamine a autoridade xudicial. A este respecto, o 1 de febreiro do 2013, notifícase resolución ao Concello de Barreiros para execución da Sentenza instada pola Xunta de Galicia, no que refire expresamente “Segundo a xurisprudencia do Tribunal Supremo, por todas SSTS 19-11-01 e 23-9-03, a demolición das obras edificadas ao amparo dunha licenza anulada é unha consecuencia implícita, consustancial e inseparable do fallo anulatorio”.
O 15 de maio de 2013, preséntase desde o Concello incidente de execución alegando tramitación urbanística de diferentes instrumentos, como o POL ou o PXOM, sendo este desestimado polo Xulgado; cuxa resolución recurren os particulares afectados, chegando a emitir Sentenza o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en data 30 de abril de 2014, na que se ordena ao Concello de Barreiros o cumprimento do fallo da Sentenza do 2012.
Neste sentido, en 29 de outubro de 2015 dítase resolución da alcaldía resolvendo “levar a puro e cumprido efecto a Sentenza 52/2012 de 12 de marzo de 2012 do Xulgado Contencioso- Administrativo nº1 de Lugo”.
Tras novos requirimentos xudiciais, retómase o expediente de cumprimento no ano 2016 por parte da alcaldía do Concello de Barreiros.
O 18 de outubro do ano 2017, o Xulgado acorda o arquivo provisional da execución ao apreciar que as partes non interesaran a continuación da mesma. Dito arquivo é recorrido pola Xunta de Galicia alegando que non se ten cumprido a Sentenza e que non existe causa de imposibilidade legal ou material para executar o fallo. Este aspecto é admitido polo Xulgado, que require ao Concello de Barreiros para que de xeito inmediato proceda a dar cumprimento ao título executivo.
Tras diversos escritos tanto do Concello como dos particulares afectados nos que se solicita revisión dos actos e se alegan cuestións diversas para o cumprimento, todas elas desestimadas en sede xudicial, situámonos no ano 2019; cando se produce a entrada do actual Goberno Municipal no Concello de Barreiros.
O 7 de outubro de 2019 recíbese requirimento do Xulgado ao Concello, e de xeito persoal á alcaldesa, para informar das medidas adoptadas para o cumprimento íntegro da execución, das medidas pendentes de adoptar e instando ao cumprimento íntegro do título executivo. Este requirimento repítese no ano 2020.
O Goberno Municipal tivo que tomar coñecemento do expediente, manter numerosas xuntanzas, asesorarse técnica e xuridicamente para poder facerse a composición de lugar do punto procesual e da capacidade de actuación que lle correspondía.
No ano 2021, o Xulgado emite novo requirimento persoal á alcaldesa, apercibíndoa de desobediencia grave á autoridade.
No ano 2022, preséntase escrito por parte dos propietarios afectados nos que se recolle a posibilidade de abrir expediente de legalización, sempre que non sexa para burlar a Sentenza. Sobre este aspecto resolven tanto o Xulgado Contencioso-Administrativo desestimando dita pretensión e requirindo novamente de forma persoal á alcaldesa ao cumprimento íntegro; como o TSXG con Sentenza do 14 de marzo de 2024 no que desestima o recurso presentado polos interesados fronte á resolución do Xulgado. Sobre a Sentenza do TSXG pronúnciase o Tribunal Supremo en providencia do 9 de abril de 2025 na que recolle expresamente “(…)en concreto por cuanto se pretende reabrir un debate, el de la suspensión de la demolición ordenada por sentencia judicial, que tal como declara el auto de la juzgadora de instancia de 16 de enero de 2023, ya ha sido desestimado por diversas resoluciones judiciales(…)”.
O 21 de maio de 2025, recíbese no Concello novo auto do Xulgado requirindo persoalmente á alcaldesa, con apercibimento persoal de incursión en desobediencia.
Durante estes anos, o Concello de Barreiros, sempre en cumprimento estrito do mandato xudicial e a efectos de levar a cumprimento o mesmo, adoptou os pasos administrativos tendentes a tal fin; coa cautela de agardar as resolucións que se foron emitindo aos distintos incidentes presentados en sede xudicial; por ser o único ámbito no que poden determinarse as actuacións a seguir.
O 12 de febreiro de 2026, é recibida providencia da Maxistrada do Xulgado Contencioso-Administrativo nº1 de Lugo no que resolve que non hai lugar a un novo escrito presentado polos interesados e require á alcaldesa a culminar a execución coa demolición nun prazo de cinco meses, baixo apercibimento expreso de delito de desobediencia grave á autoridade.
Neste punto, a situación de licitación dos proxectos de demolición por parte do Concello de Barreiros é o paso administrativo que corresponde para dar cumprimento aos mandatos xudiciais por parte do Concello como Administración e da alcaldesa a nivel persoal, como responsable. Neste sentido, a alcaldesa manifesta a empatía coas persoas propietarias das vivendas, como prexudicadas por unhas actuacións declaradas ilegais na Xustiza e unha concatenación de decisións en diversos ámbitos previos á súa chegada á Alcaldía. Mais tamén quere poñer enriba da mesa a situación firme e inequívoca que atopou este Goberno Municipal e, nomeadamente a alcaldesa, quen desde practicamente o inicio do mandato foi requirida de xeito persoal para a execución da sentenza, baixo apercibimento de responsabilidade penal de non levalo a efecto.























Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



