Viveiro, 8 de xullo, 2026. O vindeiro domingo, 12 de xullo, ás 12.00 horas, celebrarase na Praza do Náufrago, en Celeiro, a tradicional misa anual en lembranza dos falecidos no mar, un acto de homenaxe ás xentes do mar que perderon a vida no seu traballo.
A celebración coincide co 65º aniversario da Galerna do Cantábrico do 12 de xullo de 1961, un dos episodios máis tráxicos da historia marítima da comarca. Naquel fatídico temporal afundiron tres embarcacións do porto de Celeiro —Badiola, Todos los Santos e Mari Loly Grela—, ademais do Santa Lucía, con base en Espasante. O balance foi de trinta vítimas mortais, das que vinte e nove desapareceron no mar, recuperándose unicamente o corpo dun dos mariñeiros.
A traxedia deixou unha fonda pegada en Celeiro, Viveiro, Covas e noutras localidades da contorna, que viviron días de profunda dor e incertidume pola perda de tantos homes do mar, deixando en terra 22 viúvas e 43 orfos.
Desde 1995, ano da inauguración da Praza do Náufrago —presidida pola escultura do Monumento ao Náufrago, obra de Xosé Luis Neira Brochs—, a Comisión Pro-Monumento ao Náufrago organiza anualmente este acto de recordo e homenaxe.
A misa estará presidida polo párroco da Unidade Pastoral de Viveiro, D. Alejandro Piñón Espasandín, e contará coa participación musical do grupo Sons de Celeiro, que achegará solemnidade a unha xornada de memoria, respecto e recoñecemento ás xentes do mar.
Cada ano, centos de persoas acoden a este acto para amosar o seu respecto, elevar oracións e manter viva a memoria de todos os falecidos no mar, coincidindo coa conmemoración dunha efeméride que marcou profundamente a historia mariñeira de Celeiro e da súa contorna.


























Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.
O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincaron as Noites de Futbol na Praia do Torno.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.
Puxo en valor a importancia deste tipo de eventos para contribuír á preservación dos traballos gandeiros tradicionais. Cómpre salientar que esta festividade está recoñecida como Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais, nesta ocasión, a conselleira foi nomeada Monteira Maior, unha distinción honorífica outorgada pola Comunidade de Montes de Buio e Lerín, organizadora do evento, ás persoas que colaboraron con eles ou os apoiaron. Gómez trasladou o seu agradecemento por esta mención e reafirmou o seu compromiso co sector agrogandeiro, un piar fundamental para o desenvolvemento do noso rural.



