Reclaman ao Partido Popular solucións estruturais e critican que siga actuando “a base de parches” en vez de resolver o problema de raíz
Xove, 9 de xullo de 2026. O PSdeG de Xove denunciou hoxe o abandono das instalacións municipais de abastecemento de auga, despois de que esta semana o Goberno local do Partido Popular tivese que mobilizar unha cisterna para repoñer auga no depósito de Penas Agudas, na parroquia de Monte.
Dende a formación socialista advirten de que os problemas de abastecemento eran “moi previsibles”, tanto pola seca como pola falta de mantemento dunhas infraestruturas que, segundo denuncian, levan anos sen recibir as actuacións necesarias. “As instalacións son dos anos 80 e 90, e dende entón non se fixo nada para modernizalas nin melloralas. A falta de previsión e a deixadez do PP xa teñen consecuencias directas”, sinalaron.
As e os socialistas lembran que levan toda a lexislatura alertando da precariedade do sistema municipal de abastecemento. Neste caso, explican que o depósito de Penas Agudas, situado nas inmediacións da Cruz de Loureiro, abastece os núcleos desta parroquia e conta coa captación nas fontes da Pasada do Lobo, no pastizal de Veiga Mol.
O Grupo Municipal Socialista visitou esta instalación e denuncia que se atopa nun “estado deplorable”, rodeada de maleza e practicamente intransitable. Segundo indican, aínda que a seca está a reducir os caudais, a situación vese agravada pola falta de mantemento e polos anos de abandono das captacións.
A formación socialista lamenta tamén que siga sen haber avances no proxecto técnico elaborado a petición do PSdeG para mellorar o sistema de abastecemento. “Todo son boas palabras, pero levamos 19 anos vendo como o problema medra cada verán. A solución non pode ser gastar cartos públicos en cisternas cada vez que falta auga nos depósitos. Iso son parches. O que necesita Xove é unha solución de fondo”, subliñaron.
“O PP aínda segue sen asumir a realidade do cambio climático, pero os feitos están aí: cada ano os problemas de abastecemento chegan antes e son máis graves. Se ademais non se fai o mantemento que está na man do Concello, o problema agrávase aínda máis”, advertiron.
Para as e os socialistas, esta situación evidencia que Xove conta cun Goberno local “esgotado, sen planificación e sen vontade de traballar nos problemas reais do municipio”. “O seu esforzo está centrado nas festas, nos muros e nas fotos, mentres servizos fundamentais como a auga continúan deteriorándose ano tras ano. Xove necesita menos propaganda e máis xestión”, concluíron.





















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



