O Concello regula a xestión dos gatos comunitarios mediante o método Capturar, Esterilizar e Retornar, e anima á cidadanía a colaborar de forma responsable
Tapia de Casariego, 10 de xullo de 2026. O Concello de Tapia de Casariego puxo en marcha unha campaña informativa dirixida á veciñanza para dar a coñecer o desenvolvemento e funcionamento do programa CER (Capturar, Esterilizar e Retornar). Esta iniciativa ten como obxectivo principal xestionar de maneira ética, sanitaria e controlada as poboacións de gatos comunitarios que habitan no municipio.
A través deste sistema, os felinos son capturados de forma segura, sometidos a unha revisión veterinaria e esterilizados para evitar a sobrepoboación e garantir o seu benestar. Unha vez recuperados, practícaselles unha pequena muesca na orella —a sinal identificativa internacional que acredita que se trata dun gato comunitario xa esterilizado— e son retornados á súa colonia de orixe.
Desde o Concello lembran que a xestión destas colonias está estritamente regulada. Para garantir o éxito do programa e o control sanitario, existen persoas voluntarias autorizadas formalmente polo consistorio que se encargan da alimentación dos animais. Centralizar esta tarefa permite facilitar os censos, organizar as capturas e manter as zonas en perfectas condicións de salubridade.
Chamamento á colaboración cidadá
O Concello subliña a importancia da implicación veciñal para lograr unha convivencia responsable e equilibrada. Por iso, solicita aos propietarios de gatos domésticos con acceso ao exterior que procedan á súa esterilización, evitando así que as colonias continúen medrando de forma descontrolada.
Así mesmo, o consistorio anima a todas aquelas persoas interesadas a colaborar activamente no proxecto, xa sexa participando na alimentación regulada das colonias ou valorando a adopción dalgún dos felinos aptos para convivir nun fogar.
As persoas interesadas en colaborar, adoptar ou solicitar máis información poden poñerse en contacto directamente coas oficinas do Concello de Tapia de Casariego.





















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



